TEIXADAL DE CASAIO

 
 
  


Na memoria quedará gravado o esforzo e o pracer da ascensión polo Teixadal cara a lagoa do Penedo. O regato co balbordo das súas pincheiras, as ruínas das casoupiñas dos maquis, os teixos case exóticos, as empinadas moreas glaciares, o circo glaciar de Pena Surbia...!

A paixón fotográfica do noso esforzado compañeiro Ferreiro déixanos esta impagable testemuña:


Polos cumios da Galiza
“O Teixadal de Casaio: na procura da Cidade da Selva!!”

Un recanto remoto, indómito e fermoso.


SÁBADO 16 DE MAIO , 2015

Imos subir o maior Teixadal coñecido deste lado dos Pirineos. Para iso atravesamos as escuras -e devastadas polas louseiras- terras de Casaio para ir de novo ao macizo de Trevinca. Aínda que se trata dunha zona de especial protección (un incríbel e selvático paraíso), o Teixadal en si segue degradándose e xa son menos de 300 os exemplares de teixos que quedan. Entre eles atopamos os restos das casopas dos Maquis, na denominada Cidade da Selvaun recóndito e case inaccesíbel agocho no que se refuxiaron as partidas de guerrilleiros opostos á Ditadura. De paso, ollaremos os cascallos e as naves derrubadas das minas de Valborraz, de onde os nazis sacaban volframio. Logo optaremos polo ascenso a 1 ou 2 cumios que superan os 2000: Pena Surbia e Pena Negra.



* RUTA : Inicio na canteira A Cabrita, onde deixamos os coches- Vista das minas de Valborraz- Lixeiro ascenso e baixada ata o Couto II- Baixada polo monte ata o sendeiro que leva ao Teixadal de Casaio- Xantar ao lado do regato do Penedo- Ascenso amodo polo Teixadal ata a Lagoa do Penedo (aí quen estea canso pode agardar, bañarse ou seguir adiante)- Ascenso a Pena Surbia- Ascenso a Pena Negra- Regreso en lixeira baixada a ata a mina da Cabrita (coches).


DISTANCIAS:  
  • 13 km sen subir aos cumios (dificultade media; asequíbel para quen vaia de relaxo).
  • 15 km subindo ata Pena Surbia 
    (dificultade media-alta; quen vaia para conquistar un 2000).
  • 20 km subindo Pena Surbia e Pena Negra (dificultade alta: quen procure 2 cumios de 2000).
OLLO:  alta montaña: convén levar botas, bastóns, equipamento básico e comida.
Hai auga no Teixadal, onde convén non separarse do grupo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO