Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2020

RUTA VAL GLACIAR DE PRADA E CURROS DE MANZANEDA

Imaxe
SÁBADO 22 DE FEBREIRO DE 2020 Powered by  Wikiloc     Partimos da aldea de Requeixo (Manzaneda) e ascenderemos polo val do río Requeixo ata a aldea abandonada de Prada. Este val e as montañas que o rodean foron conformados por un glaciar en épocas pretéritas. O circo glaciar, as morrenas e os bloques arrastrados son aspectos facilmente observables. Vexetación autóctona de montaña, etnografía e a nostalxia, misterio e maxia que sempre envolven as aldeas abandonadas. Outro elemento de moito interese etnográfico son os curros da serra. O pastoreo de cabras e ovellas (e en tempos máis remotos de vacas e cabalos) é unha das actividades económicas que se veu practicando nas aldeas que bordean as serras ourensás, sobre todo nos macizos de Manzaneda, de Trevinca, das Serras do Xurés e do Suído. Os curros son espazos terreos ao aire libre, rodeados de muros, coa finalidade de servir de refuxio durante a noite a pastores e animais. Emprázanse en lugares protexidos do norte para resgardar