Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2017

RUTA DAS SETE ALDEAS RIBEIREÑAS DO RÍO VIÑAS (O IRIXO)

Imaxe
SÁBADO 11 DE FEBREIRO DE 2017 Powered by  Wikiloc O concello de O Irixo estivo tristemente de actualidade hai cinco anos cando alguén tivo a pretensión de chantarlle á beira dos montes da Madanela unha incineradora de lixo. As protestas cidadás e outras circunstancias fixeron recuar aos promotores. Agora, o grande mal que padece este concello é a despoboación e o abandono. Como escenario desta realidade quedan as aldeas, as cales contan cunha arquitectura destacable arruinada ou arruinándose e a grandiosidade dos bosques e das montañas. No Testeiro e nas súas abas norte e leste aséntanse Froufe e A Espiñeira. A nosa ruta percorrerá estas parroquias cos seus bosques autóctonos, as ribeiras do río Viñas e o rego de Munín, as aldeas de Froufe, O Alén (abandonada), Subirol, Munín, O Covelo, Frixe e Surribas. Corredoiras antigas, camiños carreteiros, pistas forestais, carreiros, sendas silvestres e algo de campo través permitirannos gozar destes 11 quilómetros. Esperamos que sexa un estupen

RUTA SAN FIZ - PONTE DE PORTOTIDE (CHANTADA) NA RIBEIRA SACRA DO MIÑO

MÉRCORES, 4 DE XANEIRO DE 2017 Powered by  Wikiloc Ruta da Ribeira Sacra de Chantada entre San Fiz de Asma e a ponte de Portotide para facer na mañá do mércores 4 de xaneiro de 2017 Distancia: 11 km Dificultade: doada-media (moita baixadiña, escasa subidas). Sempre ao lado do río Miño. Se vai sol, collerémolo de mañá, pero tamén pode haber néboa e tardar en marchar. Percorrido: vai desde San Fiz (Igrexa de San Fiz de Asma e tumba do Piloto), pasa por Adegas Amoedo, chega a Adegas Vía Romana e Mesón do Veiga (na Hermida), baixa a Belesar, e logo imos pola beira do río ata o lugar de Pincelo e chegamos á ponte de Portotide Non é circular, polo que teremos que levar previamente os coches a Portotide. Dependerá, pois, dos que se anoten. Ribeira de Chantada e ponte de Belesar Pintoresca aldea de ribeira: Pincelo Adega Vía RomanaCastro de San Fiz, baixo unha mesta carballeira. Igrexa de San Fiz, onde está enterrado o último maquis, Xosé Castro Veiga, O Piloto.