Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2013

RUTA DOS MOSTEIROS, DO CAMIÑO FRANCÉS DE POIO A VILANOVA, POR ARMENTEIRA E RIBADUMIA, DA PEDRA E DA AUGA E DO “ALBARVIÑO”

Imaxe
Sábado 5 de outubro de 2013 Powered by   Wikiloc A sección ÉRBEDO AROUSA ofreceunos esta gorentosa ruta de sendeirismo.   A apócrifa sección delegada coñecida por Érbedo Arousa ten a honra e “incitarvos” a facer unha ruta fácil, que despois do mediodía xa é un simple paseo, que pretende facer un resume abreviado a pé e por diversos medios e circunstancias do que recentemente vén sendo chamada a variante “espiritual”( xa entenderedes ao final da xornada por que ese termo subliñado ) do camiño portugués a Santiago que vai da praza da Peregrina en Pontevedra, afasta do orixinal e empata no porto de Vilanova coa única ruta fluvial Xacobea que se chama Ruta Fluvial Xacobea do mar de Arousa (que vai de Vilanova a Pontecesures a que lle adicaremos máis tempo nalgunha outra ocasión). Esta variante, traída a conto ou inventada para a feira do Turismo, pola política actual reedita o patrón clásico que sempre foi aproveitarse durante séculos das tradicións e crenzas dos pobos, para sacar rende