Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2012

RUTA DA COSTA DA VELA

Imaxe
Powered by  Wikiloc Xa mereciamos costa con vistas de mar e luz baixo verso claro de Bernardino Graña. Tras paso obrigado polo Cruceiro de Hio, magno labor de canteiros, arrimamos a Donón, con Caracola, Castro e Facho desde o que se mira o mar e as ardentías do Atlántico na Península do Morrazo. Logo perdémonos tan sen traza unha e outra vez por atallos soltos entre eucaliptos e mañanciña fresca que nin o GPS lle puña remedio. Así e todo chegamos ata Punta de Couso, coa súa praia recollida e a enseada de recendos piratas e alento heroico de pura ría, para volvermos, algo cansos, iso si, ao chiringo de Donón, onde repuxemos forzas e contamos contos. A tarde levounos por pista aberta ata a Punta de Cabo Home, co seu teso faro e o fragor da maré abrindo furnas e inspirando poemas fronte ás Illas Cíes. Logo seguimos cara á praia de Melide, onde uns gozaron do frescor da auga e outros do sabor da cervexa e as vistas desde un chiringo para a lembranza. Mesmo houbo tempo para admirar as carre

RUTA ANCARES 2012

Powered by  Wikiloc Abría agosto e, por tradición e devezo, alá nos xuntamos 32 sendeiristas no café da Fonte da Salud para subir aos Ancares. Tocaba o pico Mustallar, con Pepe e Manuel como organizadores tecnoloxizados e contando coa inestimábel colaboración de Manuel Busto na proposta circular e variada. Nunha mañá solleira e acompañados de can cicerone, trala visita á Palloza Museo para aqueles que non recuncaban, comezamos a andar en Piornedo. Así, ensumidos polo verdor dos prados e da natureza máis viva, con cabalos e vacas de mirada estrañada e apuro o xusto, transitamos por campas de augas puras e brañas perpetuas. E axiña, a grande subida. Como para non levala a modo. Ata chegarmos ao agarimoso xantar no mesmo cumio do Mustallar (1924 m.), entre Galiza e o noso País Leonés. Á vista os tesos cumes, a montaña pura, pracer único para os sentidos máis confusos. A segunda parte da ruta perdíase por baixadas ao xeito e paraxes de abas ignotas e fronde salvaxe, con carreiros entre fe