Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2015

TEIXADAL DE CASAIO

Imaxe
        Na memoria quedará gravado o esforzo e o pracer da ascensión polo Teixadal cara a lagoa do Penedo. O regato co balbordo das súas pincheiras, as ruínas das casoupiñas dos maquis, os teixos case exóticos, as empinadas moreas glaciares, o circo glaciar de Pena Surbia...! A paixón fotográfica do noso esforzado compañeiro Ferreiro déixanos esta impagable testemuña: Polos cumios da Galiza “O  Teixadal de Casaio: na procura da Cidade da Selva!!” Un recanto remoto, indómito e fermoso. SÁBADO 16 DE MAIO   , 2015 VER RUTA EN WIKILOC Imos  subir o maior Teixadal coñecido deste lado dos Pirineos. Para iso atravesamos  as escuras -e devastadas polas louseiras- terras de Casaio para ir de novo ao  macizo de Trevinca. Aínda que se trata dunha zona de especial protección (un incríbel  e selvático paraíso), o Teixadal en si segue degradándose e xa son menos de 300  os exemplares de teixos que quedan. Entre eles atopamos os restos das casopas  dos Maquis, na denominada Cidade da Selva ,  un recó