Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Sarria

RUTA SAMOS - SERRA DO ÉDRAMO

Imaxe
SÁBADO 30 DE ABRIL DE 2022   Powered by  Wikiloc Vista do mosteiro de Samos. Foto de Berta GS (+ fotos) Esta ruta parte da praza do Concello de Samos, fronte ao mosteiro, sobe pola ladeira ata o cumio da Serra do Édramo, onde encontra o castro de Formigueiros. Continúa polo mirador de Penabranca, baixa ao Val do Mao, pasa por Freixo, baixa por Vilar do Real ata San Martiño e desde aquí segue durante 2 kms o Camiño Francés de Santiago ata chegar novamente a Samos.   Puntos de interese: Mosteiro e vila de Samos Aldeas de  Val do Mao Freixo Vilar do Real San Martiño coa súa igrexa románica Núcleo turístico de Outeiro Muralla de clausura do mosteiro Castro de Formigueiros Mámoas do Édramo Mirador de Penabranca etc. A ruta da Serra do Édramo en Samos é de 20,5 Kms.  Pendente postiva 7,75%  e pendente negativa -7,2 %. Iso supón unha dificultade media ou media-alta.

HOSPITAL DO INCIO - RUTA DO FERRO - A FERRERÍA - SANTA MARIÑA - TRASCASTRO

Imaxe
SÁBADO 8 DE AGOSTO DE 2020 Powered by  Wikiloc Esta ruta de media montaña, nas "Terras Bravas do Incio" (segundo terminoloxía de Ánxel Fole), transcorre por un territorio rico en carballeiras e soutos, vales encaixados e lombas uceiras que miran ao Courel. No pasado esta zona tivo unha intensa actividade na extracción e fundición do ferro. A mina da Veneira de Roques foi unha das principais da provincia de Lugo.   O balneario da Ferrería tamén tivo a súa época de esplendor. Na actualidade, o fracaso dunha restauración, deixou o edificio á espera dalgún emprendedor que o resucite. PUNTOS DE INTERESE: A magnífica igrexa de San Pedro Fiz do Hospital Ruta do Ferro  Balneario da Ferrería Aldeas da Ferrería, Santa Mariña, Trascastro.... Ríos Cabe, Antiga... Paisaxes de montaña. DATOS DA RUTA. Percorrido: 21 Kms Dificultade: media

RUTA TRIACASTELA - MONTE ORIBIO

Imaxe
SÁBADO 2 - XUÑO - 2018 VER RUTA EN WIKILOC Arriba, en cor laranxa, a ruta realizada por varios grupos de sendeirismo para percorrer a serra do Oribio. Nós propoñemos como alternativa de maior interese a que reseñamos en verde na imaxe seguinte, que presenta como vantaxes o menor traxecto por asfalto e poder adentrarse na fraga avesía que  hai na ladeira dos cumios. Voltamos a convocar esta estupenda ruta circular que parte de Triacastela, ascende ao monte Oribio (1428 m.) e retorna desde o cumio seguindo o cordal e logo baixa polas aldeas de Queixadoiro e As Pasantes, onde encontra a Vía Xacobea, xa moi preto de Triacastela. Puntos de interese: As magníficas panorámicas das serras e dos sur de Lugo. A capela de San Mamede As aldeas de O Queixadoiro, As Pasantes, etc. A ruta Xacobea A vila de Triacastela As paisaxes   Percorrido: 20,6 Kms. Dificultade: media-alta Ruta Queixadoiro - Pasantes FOTOS VIA AURIA

RUTA RÍO LOIO E SAN FACUNDO (PARADELA)

Imaxe
SÁBADO 3 DE XUÑO DE 2017         Powered by  Wikiloc O pai Miño. Foto de Berta GS (+ fotos) PUNTOS DE INTERESE: Antigo priorado de San Facundo e ribeiras do Miño. VÍDEO   VÍDEO2 Cemiterio orixinal con lápidas integramente en galego. Gótico na ábsida. Pinturas murais. Bosque caducifolio autóctono.   Fervenzas Corredoiras antigas. Varios muíños no seu pcurso e ruínas do mosteiro templario de Loio. Web do concello de Paradela coa ruta Fotos da ruta Notas da ruta

RUTA TRIACASTELA-CALVOR-SAMOS

Imaxe
VENRES 25 de MARZO de 2016 Xornada xacobea no Érbedo Powered by  Wikiloc     Andaremos un anaco do camiño de Santiago, inédito para varios érbedos. Trátase do tramo que discorre de Triacastela cara a Sarria pola variante de San Xil. Iniciaremos pois a andaina en Triacastela seguindo a senda xacobea pola súa variante setentrional ata pasado Calvor, retornando desde a aldea d’Aguiada para dirixirnos a Samos pola outra variante do Camiño Francés (con algún engadido para evitar o asfalto na medida do posíbel). Foto de M.Busto (+ fotos) Puntos de interese: Triacastela, histórico enclave xacobeo (igrexa, antigo hospital...) Ruta Xacobea Aldeas de A Balsa, San Xil, Montán, Losada, Calvor (igrexas románicas) Sivil, Gontán Pascais (igrexa románica e castro) Samos (mosteiro e arredores).