Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2015

RUTA Á PENA E SANTUARIO DO ANAMÃO NA SERRA DE LABOREIRO

Imaxe
SÁBADO 5 DE DECEMBRO Powered by  Wikiloc O sol ergue a néboa na serra do Laboreiro. Foto de Antonio L. (+ fotos) Esta ruta de 20,5 Kms percorre terras de España e Portugal. Parte de Entrimo, lugar de O Casal e adéntrase na serra de Laboreiro, enclavadas no Parque Nacional da Peneda Gerês. Ao non ser unha ruta circular cómpre desprazarse desde o punto final ao punto de inicio. Para iso contamos cun microbús de 18 prazas que nos recollerá en Ameijoeira e nos volverá traer ata O Casal. Puntos de interese: Igrexa barroca de Santa María de Entrimo Paseo e área de lecer do río Pacín ldeas de Vilar, Venceáns, Queguas Capela da Ascensión (lugar do xantar) As Cortes da Carballeira A Casa da Moura (dolmen) O Penedo do Anamão O santuario do Anamão A serra de Laboreiro e as súas formacións rochosas. O Curso dos río Covas e Barragem da Ameijoeira Aldea portuguesa de Ameijoeira