Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Samos

RUTA SAMOS - SERRA DO ÉDRAMO

Imaxe
SÁBADO 30 DE ABRIL DE 2022   Powered by  Wikiloc Vista do mosteiro de Samos. Foto de Berta GS (+ fotos) Esta ruta parte da praza do Concello de Samos, fronte ao mosteiro, sobe pola ladeira ata o cumio da Serra do Édramo, onde encontra o castro de Formigueiros. Continúa polo mirador de Penabranca, baixa ao Val do Mao, pasa por Freixo, baixa por Vilar do Real ata San Martiño e desde aquí segue durante 2 kms o Camiño Francés de Santiago ata chegar novamente a Samos.   Puntos de interese: Mosteiro e vila de Samos Aldeas de  Val do Mao Freixo Vilar do Real San Martiño coa súa igrexa románica Núcleo turístico de Outeiro Muralla de clausura do mosteiro Castro de Formigueiros Mámoas do Édramo Mirador de Penabranca etc. A ruta da Serra do Édramo en Samos é de 20,5 Kms.  Pendente postiva 7,75%  e pendente negativa -7,2 %. Iso supón unha dificultade media ou media-alta.

RUTA TRIACASTELA-CALVOR-SAMOS

Imaxe
VENRES 25 de MARZO de 2016 Xornada xacobea no Érbedo Powered by  Wikiloc     Andaremos un anaco do camiño de Santiago, inédito para varios érbedos. Trátase do tramo que discorre de Triacastela cara a Sarria pola variante de San Xil. Iniciaremos pois a andaina en Triacastela seguindo a senda xacobea pola súa variante setentrional ata pasado Calvor, retornando desde a aldea d’Aguiada para dirixirnos a Samos pola outra variante do Camiño Francés (con algún engadido para evitar o asfalto na medida do posíbel). Foto de M.Busto (+ fotos) Puntos de interese: Triacastela, histórico enclave xacobeo (igrexa, antigo hospital...) Ruta Xacobea Aldeas de A Balsa, San Xil, Montán, Losada, Calvor (igrexas románicas) Sivil, Gontán Pascais (igrexa románica e castro) Samos (mosteiro e arredores).