Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Portugal

RUTA CASTRO LABOREIRO - LAMAS DE MOURO (MELGAÇO - PORTUGAL)

Imaxe
SÁBADO 25 DE XANEIRO DE 2025 Powered by  Wikiloc Volvemos a Castro Laboreiro por cuarta vez para realizar unha ruta inédita no noso club: Castro Laboreiro - Portelinha - Lamas de Mouro - Porto Ribeiro - Porta de Lamas de Mouro  e retorno a Castro Laboreiro pola serra. DATO: Castro Laboreiro está a 103 Km de Lalín, dos cales 70 son de autovía. PUNTOS DE INTERESE: Castro Laboreiro (aldeia e castelo).  Aldeias de Melgaço (Portelinha, Lamas de Mouro, Porto Ribeiro, Ponte medieval de Lamas de Mouro, Área recreativa da Porta de Lamas de Mouro, a serra da Peneda. Ao finalizar esta ruta, trasladariámonos en coche ata Castro Laboreiro para facer a visita opcional ao castelo (a pé 1,6 Km). Se quedase tempo e así o decidísemos, poderiamos visitar a aldea de Pontes (a 5,9 Km de Castro Laboreiro), dedicada a turismo rural e con fermosos recantos, fervenzas, etnografía, etc.  DATOS DA RUTA:  Percorrido: 15,6 Km Pendentes medias: +7% e -6,5 % Desnivel acumulado: +580 e -5...

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DE CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

Imaxe
SÁBADO 1 DE XUÑO DE 2024 Powered by  Wikiloc Inicio da ruta na Mata da Albergaría. Fin da ruta na Portela do Homem Percorrido da mañá, 7, 7 km Temos 2 Km de ascenso e 5 Km de descenso, que faremos con calma Percorrido da tarde, 10 km A barragem de Vilarinho das Furnas desde o Pé de Cabril. Foto de Berta BS (+fotos) O Pé de Cabril . Foto de M. Carmen OS O encoro de Vilarinho das Furnas . Foto de Berta GS (+ fotos) Pedro Nuno Caetano , CC BY 2.0 , via Wikimedia Commons   Convocamos a unha nova ruta no Parque Nacional do Gerês, no veciño Portugal. Unha fermosísima ruta que combina montaña e paisaxes de ribeira. PUNTOS DE INTERESE: Mata da Albergaría A montaña rochosa do Pé do Cabril O camping do Campo do Gerês A espléndida ribeira da barragem de Vilarinho das Furnas As ribeiras, fervenzas e pontes do río Homem O camiño da Geira A Portela do Homen DATOS DA RUTA: Percorrido → 17,7 Kms, repartidos de maneira atípica: pola mañá faremos 7,7 Km de montaña e pola tarde 10 Km de ribeira...

RUTA MINA DAS SOMBRAS - MINA DOS CARRÍS - PICO NEVOSA. XURÉS - GERÊS

Imaxe
SÁBADO 13 DE MAIO DE 2023 Powered by  Wikiloc Xa van alá dez anos desde que fixemos unha parte desta ruta, concreta o tramo que vai desde a ermida do Xurés ata a Mina das Sombras. Nesta ocasión ímoslle engadir a Mina dos Carrís e o Pico Nevosa. Unha extraordinaria ruta de montaña no parque Xurés - Gerês. Que máis se pode pedir!   Pico Nevosa, 1546 m Podería dicir que os puntos de interese son os que aparecen nas imaxes. Pero, o verdadeiramente interesante é percorrelo, sentirse envolto pola montaña coas súas caprichosas formacións graníticas. E admirar as augas frías e limpas da altura... Pedro from Maia (Porto) . Mina dos Carrís .  CC BY 2.0 , via Wikimedia Commons RUTA LONGA Percorrido: 21,2 Kms  Pendentes medias 10,5% e -10,6% Desnivel acumulado 1250 m e -1250 m RUTA ABREVIADA ( A ruta abreviada é a mesma ruta que esta ata a fronteira con Portugal. E desde alí, desandar o andado) Percorrido: 15,9 Kms Pendentes medias: 9,5% e -9,6% Desnivel  acumulado: +842 ...

RUTA DOS SOCALCOS DE SISTELO E DOS PASADIÇOS DO VEZ

SÁBADO 21 DE MAIO DE 2022 Powered by  Wikiloc   Compañeiros camiñantes, desta volta iremos coñecer os famosos socalcos de Sistelo (os portugueses quixeron chamarlle o Pequeno Tibete) e os refrescantes pasadiços a carón do río Vez. Son 19,8 kms (se non hai perdas). A dificultade está entre media-alta e alta, depende de se a pedra do chan está seca ou mollada, porque moitos tramos de camiño son empedrados e hai bastantes escaleiras. A pendente positiva é de 9,4% e a negativa -10,6 (empinadiña). Os atractivos da ruta son os paisaxísticos, esta paisaxe tan antropixada, onde as ladeiras foron transformadas en escaleiras xigantescas de socalcos, os valados, os camiños empedrados, as escaleiras... A arquitectura popular, a natureza que bordea o vez, o patrimonio histórico-artístico de Sistelo coa igrexa e o castelo do Visconde, as brandas onde levaban o gando no verán etc.

RUTA AO COUTO MIXTO

Imaxe
Sábado, 12 de febreiro de 2022 Powered by  Wikiloc   Esta ruta de 20 Kms ten dificultade media-baixa, cunha pendente media non superior ao 4%. Iso si, camiñaremos a unha altitude media próxima aos 900 m sobre o nivel do mar. Se toca frío, aquí soe habelo. Pero camiñando, logo un quece.   Foto de Berta GS (+ fotos) O máis importante do Couto Mixto queda recollido no seguinte vídeo:

RUTA VILA DO GERÊS - CASCATA DO ARADO - CURRAL DA TEIXEIRA - CALDAS DO GERÊS

Imaxe
SÁBADO 16 DE FEBREIRO DE 2018 Powered by  Wikiloc Nesta ocasión escollemos o Parque Nacional  do Gerês  para realizar unha ruta non moi longa pero si con algunhas pendentes. 14,7 Kms para adentrarnos na montaña e ver as pincheiras do río Arado e o curral da Teixeira. No retorno, baixada a Caldas do Gerês e finalizaremos na vila do Gerês, importante centro termal  e turístico. Vídeo do parque nacional Peneda-Gerês (aparecen paraxes polas que transitamos). A ruta marcada en verde é a nosa ruta principal. E cabe a posibilidade de que como entrante fagamos unha pequena ruta, inferior a 2 Kms, desde a Portela do Home pasando pola Mata da Albergaría e río Homem. Percorrido: 14,7 Kms. Dificultade: media-alta Ruta moi interesante que pasa por lugares de alto interese natural, paisaxístico e turístico. Podería afirmarse que esta zona é o epicentro do sendeirismo, pois de aquí parten centos de rutas diferentes. As montañas compiten en elevación e formas graníticas. E os ríos ...

RUTA DO CONTRABANDO: VENCEÁNS - QUEGUAS - PENEDO DO ANAMAO - CAINHEIRAS - CASTRO LABOREIRO

SÁBADO  21 - ABRIL - 2018 Powered by  Wikiloc   Ruta lineal, promovida e organizada pola sección Érbedo Lugo-Bande, coa colaboración das oficinas centrais da Organizaçao Deçá. Unha ruta que pretende rememorar aqueles tempos idos nos que o contrabando pola raia seca era un estilo de vida aventureiro e arriscado. Contaremos con guías de excepción: Pepe Bernardo, quen nos contará curiosidades históricas da serra e Xabier Rodríguez, que nos seus anos mozos fixo moitas veces o traxecto do contrabando acompañando ao seu pai. Ao ser unha ruta lineal contaremos co apoio loxístico do microbús de Mario para trasladarnos desde Castro Laboreiro ata Venceáns. Castro Laboreiro Castelo de Castro Laboreiro As Cortes da Carballeira e capela da Ascensión O impresionante perfil do Penedo do Anamao Penedo do Anamao, prolongación da Serra da Peneda. Santuario da Nosa Señora do Anamao Dolmen da Casa da Moura co Anamao ao fondo.

RUTA SERRA DA PENEDA - GAVIEIRA

Imaxe
SÁBADO 29 DE ABRIL 2017 Powered by  Wikiloc Ruta no veciño Portugal. Parte do santuario da Nosa Senhora da Peneda, cruza a fervenza, a barragem  e a serra da Peneda e chega a aldeia de Gavieira. Desde alí retorna cruzando a serra por un acceso máis ao sur. Ademais do santuario e da fervenza, os atractivos da ruta residen fundamentalmente nas formacións graníticas da serra da Peneda  e a propia vila e castelo de Melgaço. Fotos de M. Busto (+ fotos) Percorrido da Ruta: 14,1 Kms. Dificultade: media-alta

RUTA GUENDE - FOXO DO LOBO - FONTEFRÍA - AS GRALLEIRAS - SALGUEIRO - POZO DAS OLAS (SERRA DO XURÉS)

Imaxe
SÁBADO 4 de XUÑO de 2016 Powered by  Wikiloc       O sábado 4 de xuño de 2016 fomos ao Xurés-Gerês, reserva da biosfera, zona á que acudimos nunha cita anual irrenunciable. Tanto é o seu atractivo inabarcable! Iniciamos o percurso en Guende para avanzar cara o Foxo do Lobo, trampa ancestral para dar caza á alimaña temida. Desde o Foxo pronto se avistou o perfil impoñente do Fontefría. Dura ascensión e conquista dos horizontes desde o cumio. Desde alí, en subida máis calmosa agardábannos as cristas de As Gralleiras, xa na raia con Portugal,  desde onde avistamos Pitões das Júnias e a inmensidade montañeira de Montalegre. As formacións rochosas, esculpidas pacientemente polo teimudo cicel da erosión, espertaron en nós a lóxica admiración nas formas e na desproporcionada magnitude.  Continuamos camiño en descenso cara a  Salgueiro (aldea abandonada, na que a Xunta de Galicia emprendeu hai tempo unha restauración integral, aínda inacabada. Os edificios res...

RUTA MINA DOS CARRÍS - RÍO HOMEN - ENCOSTA DO SOL (XERÊS -PORTUGAL)

SÁBADO 4 DE XUÑO DE 2016 Powered by  Wikiloc Ruta Raíña do ano: o Xerês maxestoso coas augas frías e inmaculadas do Homen. As montañas impoñentes. O tobogán da cumeada. A historia, na mina dos Carrís. Panorámicas inmensas. Non cómpre máis nada. Decidimos abrir unha segunda opción de ruta para quen desexe menos esforzo, unha ruta de ida e volta ata a Mina dos Carrís → VER EN WIKILOC (subir e baixar polo mesmo camiño).   Ruta Minas dos Carri s (subida pola Encosta do Sol) Información en blogs sobre esta ruta: http://olharessublimes.blogs. sapo.pt/geres-portela-do- homem-encosta-do-sol-6594 http://trilhosanorte.blogspot. com.es/2013/06/da-portela-do- homem-nevosa-pela-cumeada.html http://onossorasto.blogspot. com.es/2013/04/portela-de- homem-minas-dos-carris.html http://porfragasepragas. blogspot.com.es/2011/05/ autonomia-no-geres-portela-do- homem.html Puntos de Interese: Río Homen Orografía xigantesca das montañas do Xerês Cascatas Mina dos Carrís (extracción de wolframio na S...

RUTA Á PENA E SANTUARIO DO ANAMÃO NA SERRA DE LABOREIRO

Imaxe
SÁBADO 5 DE DECEMBRO Powered by  Wikiloc O sol ergue a néboa na serra do Laboreiro. Foto de Antonio L. (+ fotos) Esta ruta de 20,5 Kms percorre terras de España e Portugal. Parte de Entrimo, lugar de O Casal e adéntrase na serra de Laboreiro, enclavadas no Parque Nacional da Peneda Gerês. Ao non ser unha ruta circular cómpre desprazarse desde o punto final ao punto de inicio. Para iso contamos cun microbús de 18 prazas que nos recollerá en Ameijoeira e nos volverá traer ata O Casal. Puntos de interese: Igrexa barroca de Santa María de Entrimo Paseo e área de lecer do río Pacín ldeas de Vilar, Venceáns, Queguas Capela da Ascensión (lugar do xantar) As Cortes da Carballeira A Casa da Moura (dolmen) O Penedo do Anamão O santuario do Anamão A serra de Laboreiro e as súas formacións rochosas. O Curso dos río Covas e Barragem da Ameijoeira Aldea portuguesa de Ameijoeira

RUTA POR PITÕES DAS JÚNIAS E SERRA DO GERÊS (PORTUGAL)

Imaxe
Powered by  Wikiloc Nelson Rodrigues . Mosteiro de Santa Maria das Jûnias. CC BY-SA 3.0 , via Wikimedia Commons Nesta ocasión fomos ao veciño e fermoso Portugal irmán. Para gozar do patrimonio e da natureza en  Pitões das Júnias e a Serra do Gerês. Unha ruta de 22 Kms. de percorrido cos seguintes puntos de interese: A aldea de Pitões das Júnias (VÍDEO)   (VÍDEO 2)   O Mosteiro de Santa María das Júnias. (VÍDEO1)  (VÍDEO2)   A Cascata do ribeiro do Campesinho. (VÍDEO)   O val do Campesinho. O Foxo do Lobo de Parada de Outeiro Albufeira de Paradela (VÍDEO)   A ermida de San João. A Serra do Gerês cos seus caprichos graníticos