Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2020

HOSPITAL DO INCIO - RUTA DO FERRO - A FERRERÍA - SANTA MARIÑA - TRASCASTRO

Imaxe
SÁBADO 8 DE AGOSTO DE 2020 Powered by  Wikiloc Esta ruta de media montaña, nas "Terras Bravas do Incio" (segundo terminoloxía de Ánxel Fole), transcorre por un territorio rico en carballeiras e soutos, vales encaixados e lombas uceiras que miran ao Courel. No pasado esta zona tivo unha intensa actividade na extracción e fundición do ferro. A mina da Veneira de Roques foi unha das principais da provincia de Lugo.   O balneario da Ferrería tamén tivo a súa época de esplendor. Na actualidade, o fracaso dunha restauración, deixou o edificio á espera dalgún emprendedor que o resucite. PUNTOS DE INTERESE: A magnífica igrexa de San Pedro Fiz do Hospital Ruta do Ferro  Balneario da Ferrería Aldeas da Ferrería, Santa Mariña, Trascastro.... Ríos Cabe, Antiga... Paisaxes de montaña. DATOS DA RUTA. Percorrido: 21 Kms Dificultade: media