Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Fonsagrada

RUTAS NA FONSAGRADA

Imaxe
  SÁBADO 22 DE XUÑO DE 2024 Powered by  Wikiloc Powered by  Wikiloc Nesta ocasión, por mor de visitar dous recantos representativos do concello da Fonsagrada, repartiremos a xornada en dúas rutas: a ruta de Gallol que nos ocupará a mañá e unha parte da tarde e a visita á fervenza (aquí chámanlle seimeira) de Vilagocende, cuxo percorrido nos ocupará arredor dunha hora da tarde.  Tramo da ruta a carón do río Rodil. Foto de M.Carmen OS (+ fotos) A ruta enfiando o castro do Castelo   DATOS DA RUTA DE GALLOL: Percorrido: 14,05 Km Pendentes medias: 11,9%   e  -11,6%    Desnivel acumulado:  916 e -916 m DATOS DA RUTA Á SEIMEIRA DE VILAGOCENDE: Percorrido: 3,27 Km Pendentes medias: 14,3 %  e -14,2% Desnivel acumulado:  259 m e -275 m SAÍDA DE LALÍN: Estación de autobuses Hora 7:30 Punto de encontro: A Fonsagrada.  Complexo O Piñeiral . Hora 9:15 - 9:30

RUTA DA MARRONDA - ALTO EO

SÁBADO, 2 DE XUÑO 2016 Powered by  Wikiloc No municipio de Baleira (Lugo) atópase o PRG-145, a Ruta da Marronda – Alto Eo, un percorrido que nos ofrece a oportunidade de coñecer un anaquiño da comarca da Fonsagrada. Afastada dos grandes núcleos de poboación e das vías de comunicación relevantes, ofrece unha paisaxe rica e case virxe nunha das zonas máis descoñecidas de Galicia. A Fraga da Marronda, de gran valor ecolóxico e cinexético, e o nacemento do río Eo son os protagonistas do camiño ( Turgalicia ).   Seguindo a suxestión do grupo Acivro , imos variar algo o percorrido oficial deste sendeiro, o que nos vai permitir visitar a fraga da Marronda. Deste xeito a distancia a percorrer ascende aos 25 km, cunha dificultade media-alta. O PRG-145 orixinal: Puntos de interese : San Paio, Cabreira, Río Eo, Fervenza da Acea de Serra, Fervenza do Pozo da Ferreira, Capela da Pastora, A Cortevella, Miradoiro do Muiño, Fraga da Marronda, Pena da Raia.   Ligazóns de interese: Lic de ...