Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2016

RUTA POLOS CANÓNS DO TERA E CÁRDENA (SANABRIA)

Imaxe
SÁBADO, 8 DE OUTUBRO Powered by  Wikiloc Dificultade media-alta (posibilidade de acurtala 5 km.) Seguindo a proposta de Ojolince y sra. achegámonos desta vez ao parque natural do Lago de Sanabria para percorrer as gargantas do Tera e Cárdena. Moi preto da beira do Lago de Sanabria, en Ribadelago Vello, iníciase o percorrido que se interna a través do estreito e espectacular Canón do Tera. Á saída do citado pobo e, sempre paralelo ao río, atópase a pechada garganta.  Ao chegar ás primeiras fervenzas é necesario cruzar de novo o río e comezar a gañar altura para salvar as primeiras dificultades topográficas. As pegadas deixadas polas distintas glaciacións cuaternarias nas rocas cámbricas da zona caracterizan o relevo. Profundos barrancos, circos glaciares, alturas aborregadas, ibones, morrenas e bloques erráticos son algunhas das mostras da erosión producida polo xeo. Na privilexiada contorna do Parque Natural do Lago de Sanabria pódense localizar ata 40 lagoas de orixe glaciar. Unha v