Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2023

RUTA PASEO RÍO SARELA - MONTE PEDROSO - SELVA NEGRA

SÁBADO,  1 - XULLO - 2023 Powered by  Wikiloc Nesta ocasión toca ruta periurbana arredor da cidade de Santiago. Ten moitos elementos de interese, ademais de contar cun agradable paseo a carón do Sarela e polos bosques da Selva Negra. As vistas de Santiago desde a cima do Pedroso compensan o esforzo da moderada pendente. DATOS DA RUTA: Percorrido: 17 Km Pendente media: +5,1%  e -5,7% Desnivel acumulado: en subida 556 m / en baixada 556 m Monte Pedroso Paseo río Sarela Río Sarela

RUTA PEREIRA (RODEIRO) ATA A FEIRA DA GOUXA (D0ZÓN)

Imaxe
DOMINGO 11 DE XUÑO DE 2023 Powered by  Wikiloc       O obxectivo da ruta é percorrer os 12 Kms que hai desde Pereira (Rodeiro) ata a feira da Gouxa (Dozón). Esta feira é unha verdadeira reliquia gastronómica, reminiscencia do que foron sempre os xantares na feira. Ademais caracterízase pola enorme afluencia de xente desde variados puntos da contorna e pola calidade do polbo e da carne ao caldeiro. DATOS DA RUTA: PERCORRIDO: 12 Km PENDENTES MEDIAS: +4,95     -4,4%  (é dicir, faciliña). DESNIVEL ACUMULADO  + 309 m       -311 m Aínda quedan algúns tradicionais pendellos da feira . José Antonio Gil Martínez . Pendellos d'A Gouxa . CC BY 2.0 , via Wikimedia Commons