Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2015

RUTA A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO E SERRA DA CAPELADA

Imaxe
SÁBADO 26 DE SETEMBRO Powered by  Wikiloc   A San Andrés de Teixido procura ir de vivo. Os camiñantes de Érbedo gozamos o 26 de setembro  dunha espléndida xornada de sendeirismo percorrendo A Serra da Capelada e  coa visita ao célebre santuario de San Andrés de Teixido. A brétema coroou durante todo o día a Garita da Herbeira, engandido misterio ao lugar e impedindo a visión dos impresionates cantís que alí se erguen. Abeirados nas rochas, protexidos das ventisqueiras no nordés, demos xantado e albiscado intermitentemente a fermosura da serra precipitándose sobre o azul atlántico. San Andrés e o seu santuario estaban alí abaixo agardándonos, pero antes houbemos de pasar por Teixedelo, polo memorial de Leslie Howard e o cruceiro. Desde alí, seguindo a cachos o camiño vello, descendemos a Teixido por un bosque frondoso e antigo. Xa na chaira que antecede  á aldea, unha zona lacustre de gran beleza sorprendeunos agradablemente. Quedaba o santuario e o poboado, entre a algarabía dos peregr