Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2014

RUTA AO PENARRUBIA (ANCARES) DESDE VILLARIÑOS - BALBOA

Imaxe
SÁBADO 9 DE AGOSTO DE 2014 Powered by  Wikiloc Un ano máis, o mes de agosto é cita obrigada cos Ancares. Agora é o pico Penarrubia cos seus 1821 m. quen nos convoca para completar esa angueira de conquistar os oito 1.800 míticos nesta serra galaico-leonesa. Para chegar a este cumio escollemos a opción da vertente leonesa, no concello de Balboa. Iremos nos vehículos ata a aldea de Villariños (concello leonés de Balboa) e por pistas forestais e polo cordal chegaremos á cima. Iso son seis quilómetros. Voltaremos sobre os nosos pasos nun pequeno treito para descender por unha golada deica o refuxio de Pedracabalar, onde xantaremos (no Km.9). Para a tarde queda un treito de 11,6 Kms onde predomina o descenso. Pasaremos pola aldea de Castañoso para dirixirnos ao punto de inicio en Villariños, non sen antes coroar unha pronunciada pendente entre os densos soutos do Bierzo máis galego. Percorrido da ruta: 20,6 kms. Dificultade: alta OUTROS PUNTOS DE INTERESE ADEMAIS DA PROPIA RUTA : B

RUTA PONTES DO LÉREZ (FORCAREI)

Imaxe
SÁBADO 12 DE XULLO DE 2014 Powered by  Wikiloc Ruta lineal de 18,9 Kms de percorrido ao longo do curso alto do río Lérez, percorrendo ,en descenso suave e constante, o bosque de ribeira que acompaña a este río de límpidas augas. Puntos de interese: Pontellas, pontes, mosteiro de Aciveiro, muíños, campamento de Pontemaril, bosques de ribeira... Existe a opción de facer só o percorrido da mañá, cun total de 11 Km. O xantar foi na área recreativa do Cotelo (Forcarei).