Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2013

(@)Ventureiro 2014

Imaxe

CHEGAR A GROBAS ou COMO POÑERLLE O RAMO ao 2013

Imaxe
DECEMBRO 2013 A toponimia non é unha ciencia exacta, pois trata de explicar a orixe e significado dos nomes de lugar. A derradeira ruta do 2013 do Érbedo explicou por si soa por que este treito de camiño e o regueiro entre O Ameixedo e Grobas lle chaman o "Malpaso". Cadaquén puido comprobar por si mesmo a esixencia e risco deste descenso. Sufrimos e gozamos desta paraxe de excelencia que beirea o río Grobas, tributario do Deza. Outra xornada memorable para o  extenso arquivo dos camiñantes do Érbedo. 

RUTA BUSTELOS AMEIXEDO GROBAS

Imaxe
Sábado 21 de decembro de 2013 Powered by  Wikiloc   O fragor e a fermosura natural do que temos ao lado. En mañá fresca e gris, con Manolo Busto á fronte e nos vehículos particulares, fomos ata Bustelos (16 Kms), na serra do Candán. Desde aquí baixamos buscando a cunca do río Deza para remontar polo val do regato de Grobas. Atravesamos a pontella do Ameixedo sobre o Grobas e subimos pola inmensidade da fraga deica a aldea de O Ameixedo. Para irmos a Grobas seguimos o vello camiño, rozado recentemente polos intrépidos que capitaneou Paco Agulló armados de podos e ansia. Chegamos a duras penas ao rego do Malpaso (a perigosa baixada  que nos levou a el serve de advertencia de que hai que ir sempre  moi preparados  ás rutas ) e de alí deica o miniparaíso de Grobas, esa aldea mítica e máxica que Forcarei abandonou no colo do Candán e que hai dous anos nos impresionou. Regresamos a Bustelos polo camiño de ferradura que patearon tantos ancestros na procura da civilización dezá. Percorrido: 1