Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

RUTA CALDAS DE REIS E FERVENZAS DE SEGADE E DA BAROSA

SÁBADO 11 DE MARZO DE 2023 Powered by  Wikiloc Propoñemos unha nova andaina nas terras de Caldas de Reis e os seus ríos coas fermosas fervenzas de Segade e a dos muíños da Barosa. Dezasete quilómetros e medio de paisaxe, arquitectura popular (pontes, pontellas, presas, muíños, igrexas, cruceiros...) e un fragmento do Camiño Portugués, das rutas xacobeas. E a fermosa vila de Caldas coas súa burga, o seu balneario, a carballeira e o parque onda o río. DATOS TÉCNICOS DA RUTA Percorrido: 17,5 Kms Pendente media en subida 4,5%   Pendente media en baixada -4,6% Desnivel acumulado subindo +460 m Desnivel acumulado baixando -460 m