Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2022

RUTA CIRCULAR DE COLES

SÁBADO 10 DE SETEMBRO DE 2022 Powered by  Wikiloc Trátase dunha fermosa e variada ruta de ríos e fragas que discorre polo concello ourensán de Coles, na que teremos a oportunidade de contemplar unha gran variedade de elementos no seu percorrido, entre os que destacan os seguintes: Os magníficos bosques autóctonos que atesoura a zona, principalmente carballos, que nos acompañarán en boa parte do percorrido. Interesantes elementos etnográficos, entre os que destaca o conxunto de muíños do rego Lusín, nun entorno natural fermoso e moi tranquilo. O atractivo entorno do río Miño, á altura do encoro de Velle, que percorreremos dende a senda ambiental de Ribela ata a aldea de Barra de Miño. Numerosas aldeas da zona con cruceiros de pedra, igrexas e outros elementos, como Lavandeira, Meriz, Outeiro de Ribela, Casanova de Melias, Levices, Belesar, Sobrado, Mira do Río, Barra de Miño, O Fontaíño, Quintás, Mira de Cima e Figueiredo.   Distancia: 21,7 km Pendiente media subindo 6,6% . Pendente med