Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2013

Ruta Penadauga-Férveda en Silleda

Imaxe
Domingo, 27 de outubro de 2013 Nesta agradábel mañá de domingo mandámoslle un paseíño de 9.00 a 12.00 polo  concello  de Silleda. Dispostos  a gozar do día e adestrar para o día 2 (Deza) e 30 e 1 (Pena Trevinca) xuntámonos na Penadauga, parroquia de Escuadro, Manolo Ferreiro, Loli e Sara (que mesmo se desprazaron desde a costa); Ana e Suhail; Luís Jar, Domingo, Manolo Busto, Bea e Xabier.  Foron 8 km, fáciliños e pola natureza máis nosa. Onde estivemos? Na  pedra milagreira de Santa Isabel (Penadauga) , para curar problemas de lombo e de pel (pola auga da charca en forma de cabeza que hai no seu cimo e na que se lavan os atrevidos), na  igrexa de Escuadro,  na  fervenza de Férveda  (magnífica e descoñecida, pero co enorme estrago da  fermosa corredoira vella, pola beira do río Escuadro, que agora xace sepulta por unha pista que as paleadoras -baixo as ordes de mentes privilexiadas- abriron ata moi preto da fervenza), e algúns vieiros polo medio das carballeiras e nas que unha e o