Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xurés

RUTA CASTRO LABOREIRO - LAMAS DE MOURO (MELGAÇO - PORTUGAL)

Imaxe
SÁBADO 25 DE XANEIRO DE 2025 Powered by  Wikiloc Volvemos a Castro Laboreiro por cuarta vez para realizar unha ruta inédita no noso club: Castro Laboreiro - Portelinha - Lamas de Mouro - Porto Ribeiro - Porta de Lamas de Mouro  e retorno a Castro Laboreiro pola serra. DATO: Castro Laboreiro está a 103 Km de Lalín, dos cales 70 son de autovía. PUNTOS DE INTERESE: Castro Laboreiro (aldeia e castelo).  Aldeias de Melgaço (Portelinha, Lamas de Mouro, Porto Ribeiro, Ponte medieval de Lamas de Mouro, Área recreativa da Porta de Lamas de Mouro, a serra da Peneda. Ao finalizar esta ruta, trasladariámonos en coche ata Castro Laboreiro para facer a visita opcional ao castelo (a pé 1,6 Km). Se quedase tempo e así o decidísemos, poderiamos visitar a aldea de Pontes (a 5,9 Km de Castro Laboreiro), dedicada a turismo rural e con fermosos recantos, fervenzas, etnografía, etc.  DATOS DA RUTA:  Percorrido: 15,6 Km Pendentes medias: +7% e -6,5 % Desnivel acumulado: +580 e -5...

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DE CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

Imaxe
SÁBADO 1 DE XUÑO DE 2024 Powered by  Wikiloc Inicio da ruta na Mata da Albergaría. Fin da ruta na Portela do Homem Percorrido da mañá, 7, 7 km Temos 2 Km de ascenso e 5 Km de descenso, que faremos con calma Percorrido da tarde, 10 km A barragem de Vilarinho das Furnas desde o Pé de Cabril. Foto de Berta BS (+fotos) O Pé de Cabril . Foto de M. Carmen OS O encoro de Vilarinho das Furnas . Foto de Berta GS (+ fotos) Pedro Nuno Caetano , CC BY 2.0 , via Wikimedia Commons   Convocamos a unha nova ruta no Parque Nacional do Gerês, no veciño Portugal. Unha fermosísima ruta que combina montaña e paisaxes de ribeira. PUNTOS DE INTERESE: Mata da Albergaría A montaña rochosa do Pé do Cabril O camping do Campo do Gerês A espléndida ribeira da barragem de Vilarinho das Furnas As ribeiras, fervenzas e pontes do río Homem O camiño da Geira A Portela do Homen DATOS DA RUTA: Percorrido → 17,7 Kms, repartidos de maneira atípica: pola mañá faremos 7,7 Km de montaña e pola tarde 10 Km de ribeira...

RUTA MINA DAS SOMBRAS - MINA DOS CARRÍS - PICO NEVOSA. XURÉS - GERÊS

Imaxe
SÁBADO 13 DE MAIO DE 2023 Powered by  Wikiloc Xa van alá dez anos desde que fixemos unha parte desta ruta, concreta o tramo que vai desde a ermida do Xurés ata a Mina das Sombras. Nesta ocasión ímoslle engadir a Mina dos Carrís e o Pico Nevosa. Unha extraordinaria ruta de montaña no parque Xurés - Gerês. Que máis se pode pedir!   Pico Nevosa, 1546 m Podería dicir que os puntos de interese son os que aparecen nas imaxes. Pero, o verdadeiramente interesante é percorrelo, sentirse envolto pola montaña coas súas caprichosas formacións graníticas. E admirar as augas frías e limpas da altura... Pedro from Maia (Porto) . Mina dos Carrís .  CC BY 2.0 , via Wikimedia Commons RUTA LONGA Percorrido: 21,2 Kms  Pendentes medias 10,5% e -10,6% Desnivel acumulado 1250 m e -1250 m RUTA ABREVIADA ( A ruta abreviada é a mesma ruta que esta ata a fronteira con Portugal. E desde alí, desandar o andado) Percorrido: 15,9 Kms Pendentes medias: 9,5% e -9,6% Desnivel  acumulado: +842 ...

RUTA AO COUTO MIXTO

Imaxe
Sábado, 12 de febreiro de 2022 Powered by  Wikiloc   Esta ruta de 20 Kms ten dificultade media-baixa, cunha pendente media non superior ao 4%. Iso si, camiñaremos a unha altitude media próxima aos 900 m sobre o nivel do mar. Se toca frío, aquí soe habelo. Pero camiñando, logo un quece.   Foto de Berta GS (+ fotos) O máis importante do Couto Mixto queda recollido no seguinte vídeo:

RUTA DO CONTRABANDO: VENCEÁNS - QUEGUAS - PENEDO DO ANAMAO - CAINHEIRAS - CASTRO LABOREIRO

SÁBADO  21 - ABRIL - 2018 Powered by  Wikiloc   Ruta lineal, promovida e organizada pola sección Érbedo Lugo-Bande, coa colaboración das oficinas centrais da Organizaçao Deçá. Unha ruta que pretende rememorar aqueles tempos idos nos que o contrabando pola raia seca era un estilo de vida aventureiro e arriscado. Contaremos con guías de excepción: Pepe Bernardo, quen nos contará curiosidades históricas da serra e Xabier Rodríguez, que nos seus anos mozos fixo moitas veces o traxecto do contrabando acompañando ao seu pai. Ao ser unha ruta lineal contaremos co apoio loxístico do microbús de Mario para trasladarnos desde Castro Laboreiro ata Venceáns. Castro Laboreiro Castelo de Castro Laboreiro As Cortes da Carballeira e capela da Ascensión O impresionante perfil do Penedo do Anamao Penedo do Anamao, prolongación da Serra da Peneda. Santuario da Nosa Señora do Anamao Dolmen da Casa da Moura co Anamao ao fondo.

RUTA GUENDE - FOXO DO LOBO - FONTEFRÍA - AS GRALLEIRAS - SALGUEIRO - POZO DAS OLAS (SERRA DO XURÉS)

Imaxe
SÁBADO 4 de XUÑO de 2016 Powered by  Wikiloc       O sábado 4 de xuño de 2016 fomos ao Xurés-Gerês, reserva da biosfera, zona á que acudimos nunha cita anual irrenunciable. Tanto é o seu atractivo inabarcable! Iniciamos o percurso en Guende para avanzar cara o Foxo do Lobo, trampa ancestral para dar caza á alimaña temida. Desde o Foxo pronto se avistou o perfil impoñente do Fontefría. Dura ascensión e conquista dos horizontes desde o cumio. Desde alí, en subida máis calmosa agardábannos as cristas de As Gralleiras, xa na raia con Portugal,  desde onde avistamos Pitões das Júnias e a inmensidade montañeira de Montalegre. As formacións rochosas, esculpidas pacientemente polo teimudo cicel da erosión, espertaron en nós a lóxica admiración nas formas e na desproporcionada magnitude.  Continuamos camiño en descenso cara a  Salgueiro (aldea abandonada, na que a Xunta de Galicia emprendeu hai tempo unha restauración integral, aínda inacabada. Os edificios res...

RUTA MINA DOS CARRÍS - RÍO HOMEN - ENCOSTA DO SOL (XERÊS -PORTUGAL)

SÁBADO 4 DE XUÑO DE 2016 Powered by  Wikiloc Ruta Raíña do ano: o Xerês maxestoso coas augas frías e inmaculadas do Homen. As montañas impoñentes. O tobogán da cumeada. A historia, na mina dos Carrís. Panorámicas inmensas. Non cómpre máis nada. Decidimos abrir unha segunda opción de ruta para quen desexe menos esforzo, unha ruta de ida e volta ata a Mina dos Carrís → VER EN WIKILOC (subir e baixar polo mesmo camiño).   Ruta Minas dos Carri s (subida pola Encosta do Sol) Información en blogs sobre esta ruta: http://olharessublimes.blogs. sapo.pt/geres-portela-do- homem-encosta-do-sol-6594 http://trilhosanorte.blogspot. com.es/2013/06/da-portela-do- homem-nevosa-pela-cumeada.html http://onossorasto.blogspot. com.es/2013/04/portela-de- homem-minas-dos-carris.html http://porfragasepragas. blogspot.com.es/2011/05/ autonomia-no-geres-portela-do- homem.html Puntos de Interese: Río Homen Orografía xigantesca das montañas do Xerês Cascatas Mina dos Carrís (extracción de wolframio na S...

RUTA Á PENA E SANTUARIO DO ANAMÃO NA SERRA DE LABOREIRO

Imaxe
SÁBADO 5 DE DECEMBRO Powered by  Wikiloc O sol ergue a néboa na serra do Laboreiro. Foto de Antonio L. (+ fotos) Esta ruta de 20,5 Kms percorre terras de España e Portugal. Parte de Entrimo, lugar de O Casal e adéntrase na serra de Laboreiro, enclavadas no Parque Nacional da Peneda Gerês. Ao non ser unha ruta circular cómpre desprazarse desde o punto final ao punto de inicio. Para iso contamos cun microbús de 18 prazas que nos recollerá en Ameijoeira e nos volverá traer ata O Casal. Puntos de interese: Igrexa barroca de Santa María de Entrimo Paseo e área de lecer do río Pacín ldeas de Vilar, Venceáns, Queguas Capela da Ascensión (lugar do xantar) As Cortes da Carballeira A Casa da Moura (dolmen) O Penedo do Anamão O santuario do Anamão A serra de Laboreiro e as súas formacións rochosas. O Curso dos río Covas e Barragem da Ameijoeira Aldea portuguesa de Ameijoeira

RUTA VAL DAS SOMBRAS - CORGA DA FECHA - SERRA DO XURÉS

Imaxe
SÁBADO 22 DE MARZO DE 2013 Powered by  Wikiloc Raúl Hidalgo , CC0 , via Wikimedia Commons O sábado 22 de marzo, aproveitando un relanzo deste cru inverno e con Manolo Busto marcando o paso, perdémonos polas terras raianas da montaña ourensá que tantos tesouros naturais ofrece ao sendeirista e que, de certo, nos ten cativados   Despois dun café no Hotel Lusitano, deixando os coches ao lado mesmo do Balneario, os 11 esforzados iniciamos a camiñada con tempo cambiante e empinada costa. E xa desde o inicio, auga, pero polo chan, escorrendo das montañas e a agarimarnos durante toda a xornada. A subida da primeira lomba, despois dun cambio de rumbo, permitiunos gozar da vexetación desa altura intermedia na que inza o érbedo e os recendos anuncian  unha primavera que se resiste a chegar. A seguir, parada no Santuario da Virxe do Xurés, con espectaculares vistas a vales e montañas, maiormente desde o campanario. Logo, vieiro estreito  entre alvarizas que nos achegou ao impre...