Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2017

RUTA DO MAQUINO LARGAÑO

Imaxe
SÁBADO 4 DE NOVEMBRO DE 2017 Powered by  Wikiloc     Organizamos para o sábado 4 de novembro unha fermosa andaina pola Ribeira Sacra ourensá, na confluencia do Sil e O Miño.  Partiremos de Luíntra, concello que xunto co de Nogueira de Ramuín son o berce dos míticos afiadores.  O barallete é a xerga que os afiadores crearon e pasearon polo mundo e nesta fala denomínase a ruta que nos espera para esa xornada: Maquino Largaño (camiño longo). O camiño ten de longo 18,8 Kms nos que poderemos gozar de paraxes nas que os camiños transitan entre soutos, reboleiras e caxigueiras, outeiros rochosos de espléndidas panorámicas sobre o Canón do Sil e outros que amosan a monumental presenza do mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil.   Puntos de interese: Canón do Sil Mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil Necrópole da Moura Penedos do Castro. Percorrido da ruta: 18,8 Kms. Dificultade: media-media. A ruta na páxina de Roteiros galegos