Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Valdeorras

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO

Imaxe
SÁBADO 16 DE MARZO DE 2024 RUTA DAS TRES LAGOAS DA SERRA CALVA Powered by  Wikiloc Saimos do hotel Río Xares ás 9:45 horas, en coche ata o campo da festa da aldea de Xares. Desde alí ascendemos ata as lagoas glaciares de Laceira, Carrizais e Ocelo. Érbedo na lagoa de Ocelo. Foto de Berta BS ( + fotos) Lagoa de Ocelo .Rahico, CC BY-SA 4.0 , via Wikimedia Commons Lagoa de Carrizais .Rahico, CC BY-SA 4.0 , via Wikimedia Commons   Máis fotos nesta reportaxe da publicación viguesa Metropolitano Percorrido: 14,5 Km Pendentes medias: 9,2% e -9,9% Desnivel acumulado: +694 m e -694 m DOMINGO 17 DE MARZO DE 2024   Ruta circular Castelo do Bolo - As Ermidas     Powered by  Wikiloc Panorámica co castelo do Bolo. Foto de Berta BS (+ fotos)

RUTA Á SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA

Imaxe
SÁBADO 25 NOVEMBRO 2023 Powered by  Wikiloc Panorámica de Covas, a carón do encoro de Penarrubia, sobre o Sil  Foto de Berta GS (+ fotos) Para este mes de novembro, co territorio anegado por mor das recentes chuvias, entendemos oportuno achegarnos a este pouco coñecido Parque Natural, a Serra da Enciña da Lastra. Aquí o chan é calizo e abundan as covas coas súas estalactitas e estalagmitas. Aquí chámanlles PALAS ás covas e seica habitan nelas importantes colonias de morcegos. A vexetación destaca pola abundancia de aciñeiras, sobreiras, érbedos e castiñeiros. E na época que lles é propia aparecen máis de dez especies de orquídeas. Ademais, o Sil, outra vez, e dúas aldeas con encanto: Biobra e Covas. Quedarannos cousas interesantes por ver, pero as pernas non dan para tanto. Quedan os Penedos de Oulego e Oulego, queda Pardollán e as ruínas da súa ermida... Para outra ocasión. Turismo de Galicia: parque natural da Serra da Enciña da Lastra Serra da Enciña da Lastra - Patrimonio ...

RUTA de PENA TREVINCA e PENA NEGRA

Imaxe
SÁBADO 13 DE OUTUBRO DE 2018 Volvendo aos cumios galegos ( 2 trazados) Ver en Wikiloc → Longa ⎮ Curta   Haberá 2 Percorridos ao mesmo tempo (ver mapa de arriba).  1. Ruta longa : 22,6 kms. Dificultade: alta Descrición: sairemos da canteira da Cabrita (onde quedarán os coches), descenso pola longa cresta (vendo o teixadal de Casaio desde abaixo) ata Castro Boloso, aí cruzaremos o río; logo, dura e longa subida ata a valgada do Maluro, para crestear ata Pena Negra, onde nos uniremos cos da ruta B, e volver nun suave descenso ata a Cabrita.  2. Ruta curta: 16 Kms. Dificultade: media-alta  (ver perfil abaixo) D escrición: sairemos da canteira da Cabrita (onde quedarán os coches), ascenso suave pola cresta (vendo o teixadal de Casaio desde arriba e o Lago da Baña do outro lado); logo, ascenso a Pena Trevinca (duro pero curto), de alí ata Pena Negra, onde agardaremos aos da Ruta A para a volta, con visita a Pena Surbia (os que aínda non a pisaran e teñan forzas),...

TEIXADAL DE CASAIO

Imaxe
        Na memoria quedará gravado o esforzo e o pracer da ascensión polo Teixadal cara a lagoa do Penedo. O regato co balbordo das súas pincheiras, as ruínas das casoupiñas dos maquis, os teixos case exóticos, as empinadas moreas glaciares, o circo glaciar de Pena Surbia...! A paixón fotográfica do noso esforzado compañeiro Ferreiro déixanos esta impagable testemuña: Polos cumios da Galiza “O  Teixadal de Casaio: na procura da Cidade da Selva!!” Un recanto remoto, indómito e fermoso. SÁBADO 16 DE MAIO   , 2015 VER RUTA EN WIKILOC Imos  subir o maior Teixadal coñecido deste lado dos Pirineos. Para iso atravesamos  as escuras -e devastadas polas louseiras- terras de Casaio para ir de novo ao  macizo de Trevinca. Aínda que se trata dunha zona de especial protección (un incríbel  e selvático paraíso), o Teixadal en si segue degradándose e xa son menos de 300  os exemplares de teixos que quedan. Entre eles atopamos os restos das casopas...

2 RUTAS na MONTAÑA OURENSÁ: Peña Trevinca e as 4 Lagoas

Imaxe
Sábado, 30 de novembro de 2013 Domingo, 1 de decembro de 2013 2 RUTAS nas que gozamos da ALTA MONTAÑA GALEGA  (serras: Eixe e Calva) Sábado,  30 novembro: Ruta das 4 Lagoas  (17 km, en principio de dificultade media,  en   Wikiloc )  para ver as xeadas  lagoas de Ocelo, Carrizais, Laceira  e da Serpe , encoradas polas morreras glaciares do cuaternario, entre neve e friaxe. Sempre pola  montaña ( Serra Calva ) e con algún que outro problemiña físico final que nos advertiu de que á montaña hai que ir sempre preparados.    Vídeo ilustrativo da ruta do domingo 1 (Pena Trevinca) en  Google Earth Domingo, 1 de decembro:   Ruta de Pena Trevinca  (27 km, dificultade alta,  en Wikiloc ),cumio da Galiza (2.127 m): pasamos polas minas alemás de volframio de  Vilanova, ascendemos polo incríbel val do río Meladas, superamos o  pico Maluro,  camiñamos polo Lombo Roncín entre refac...

Ruta pola serra da Enciña da Lastra

Imaxe
Ruta inaugural do grupo Érbedo   Primeira ruta grupal do Érbedo. Foto de M. Busto (+ fotos)