Publicacións

RUTA DA PENA DO SEO. MINERÍA DO WÓLFRAM

Imaxe
SÁBADO 31 DE OUTUBRO DE 2026 Powered by  Wikiloc Convocámosvos para esta interesante ruta no occidente do Bierzo, nunha zona bastante próxima a Galicia. Está 26 km máis alá de Pedrafita do Cebreiro, no concello de Corullón. Ademais da mole impoñente da Pena do Seo, son de interese as amplas panorámicas que desde alí se contemplan, os vestixios da febre do volframio, con varias galerías de minas e restos dos lavadoiros e poboados... Mirade o vídeo... DATOS DA RUTA: Percorrido: 14,8 km Pendentes medias: +12,4% e -13,4% Desnivel acumulado: 1087 m É unha ruta non moi longa, pero esixente. Mais queda sempre a opción de non subir a gran Pena de Seo e, daquela, queda nunha ruta accesible en quilómetros e en pendente media. Poñeremos o punto de encontro en Trabadelo, case seguro. Informamos por Whatsapp.

RUTA POLOS MIRADOIROS DO SIL (DESDE SANTO ESTEVO A VILOUXE)

Imaxe
  SÁBADO 3 DE OUTUBRO DE 2026 Powered by  Wikiloc Será esta unha ruta circular de paisaxes, aldeas, etnografía, xeografía e xeoloxía, co impresionante Canón do Sil como testemuña. Teremos ocasión de visitar os miradoiros do Banco, do Pé do Home, das Escadas e o de Vilouxe (probablemente o máis espetacular de todo o canón). DATOS DA RUTA: Percorrido: 14 Km Pendentes medias: +9,1% e -8,8% Desnivel acumulado: 752 m SAÍDA DE LALÍN : Estación de autobuses HORA: 8:20 PUNTO DE ENCONTRO: Café - Tapería O Extremeño   HORA:  9:30 h PUNTO DE INICIO DA RUTA. Na capela de Santa María , en Vilar de Cerreda .  

RUTA RÍO MANDEO (ARANGA)

Imaxe
  SÁBADO 8 DE AGOSTO DE 2026 Powered by  Wikiloc DATOS DA RUTA: Percorrido: 12,2 Km Pendentes medias: +7,7% e -7,6% Desnivel acumulado: 764 m SAÍDA DE LALÍN: Estación de autobuses HORA:  8:00   Punto de encontro: Tapería Bar A De Cris Montesalgueiro (Aranga)

CAMIÑO DOS FAROS: RUTA PRAIA DE NIÑÓNS - PORTO DE CORME

Imaxe
SÁBADO 20 DE XUÑO DE 2026 Powered by  Wikiloc Moi recomendable mirar con atención este vídeo, tendo en conta que nós percorreremos pouco máis da metade da ruta que se describe no vídeo (unicamente o tramo Niñóns - Corme): Incluímos aquí a descrición que fixo "deandargal" despois da súa experiencia nesta ruta: La etapa más difícil de todo el camino, por su desnivel, sus continuas subidas y bajadas, su peligrosidad, muchos arbustos, sobre todo helechos que cubren el camino, raíces que dificultan el paso, proximidad a los acantilados y sobre todo el paso lento que hace que se multiplique la distancia hasta el Faro de Roncudo, desde aquí nosotros continuamos hasta el puerto de Corme en donde rematamos la etapa, los últimos kms hasta Ponteceso quedarán para la próxima. Hay que reconocer que el mantenimiento de esta etapa es complicado por ello nuestra más sincera felicitación a la Asociación por su encomiable labor puesta de manifiesto en esta maravillosa y cansina etapa. La ll...

RUTA CIRCULAR NO COUREL ENTRE FERRAMULÍN E VISUÑA

Imaxe
SÁBADO 16 DE MAIO DE 2025 Powered by  Wikiloc Xa adiantamos en WhatsApp algunhas imaxes dos lugares que imos percorrer. Trátase dunha zona do Courel, tan recóndita como fermosa pola excelencia das súas paisaxes, pola orografía abrupta e xigantesca e pola vexetación diversa. O interese tamén se debe centrar nas distintas aldeas que percorreremos para entender a adaptación dos seus habitantes a un medio difícil e afastado. Estaremos na Galicia periférica e adentrarémonos en dous tramos da ruta no concello leonés de Oencia. Previamente faremos unha visita á fervenza de Vieiros, unha das máis visitadas do Courel.  DATOS DA RUTA: Percorrido: 15,2 Km Pendentes medias: +10,7% e -9,8% Desnivel acumulado: 908 m SAÍDA DE LALÍN: Estación de autobuses, 7:30 h PUNTO DE ENCONTRO e BAR PARA A REPOSTAXE POSTERIOR Á RUTA  

RUTA FRAGAS DO EUME DESDE A CAPELA E MUÍÑOS DO RÍO SESÍN

Imaxe
SÁBADO 18 DE ABRIL DE 2026 Powered by  Wikiloc Érbedo Andainas volve ás Fragas do Eume despois de moitos anos da primeira visita. Nesta ocasión, para variar algo o itinerario da primeira ocasión, partiremos da vila da Capela e dirixirémonos ao mosteiro de Caaveiro, logo faremos a ruta Ventureira e voltaremos á capela polos muíños do río Sesín. Non é moito percorrido (13,5 Km), pero si ten unha pendente apreciable (+11,2% e -10,6%). O desnivel acumulado é de 1000 m.   SAÍDA DE LALÍN. Estación de autobuses HORA: 7:45 PUNTO DE ENCONTRO (anunciarase por WhatsApp)

RUTA AO MONTE ALOIA (TUI)

Imaxe
SÁBADO 21 DE MARZO DE 2026 Powered by  Wikilo c Esta ruta transcorre  por un espazo natural que combina ámbitos de lecer, a dificultade da montaña, unha vexetación singular e as mellores panorámicas do Baixo Miño. DATOS DA RUTA Percorrido: 16 Km Pendentes medias. +9,4% e -9,2% Desnivel acumulado: 837 m SAÍDA DE LALÍN:  Estación de autobuses HORA: 7:45 PUNTO DE ENCONTRO: comunicarase por WhatsApp