Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Eume

RUTA NAS FRAGAS DO EUME DESDE A VERTENTE DE MONFERO

Imaxe
LUNS 27 DE XULLO de 2015 Powered by  Wikiloc Ruta de verán  na que o Érbedo visitou os cursos do Eume e do rego do Parrote. As Fragas e o canón do Eume foron os permanentes protagonistas, coa singular paraxe do mosteiro de Caaveiro. Tamén houbo tempo para visitar o mosteiro de Monfero, chapotear na piscina do camping do Eume e tomar un refrixerio. Finalmente puidemos visitar o casco  histórico de Betanzos e degustar unha espléndida cea no mesón O Pote. E coma sempre, para a reportaxe gráfica da xornada contamos co inestimable traballo do compañeiro Manuel Ferreiro:   AS FRAGAS DO EUME (Información) VÍDEO DAS FRAGAS

RUTA POLAS FRAGAS DA RIBEIRA E LOSTEGAL

Imaxe
Sábado 25 de maio do 2013 Powered by  Wikiloc O sábado 25 de maio do 2013 , nunha nova xuntanza cos camaradas da costa, atrevémonos cunha ruta preparada por Xosé M e nunha zona onde o Érbedo aínda non puxera o pé: as Pontes. Tratábase de patear as terras situadas a cabalo entre os LIC da serra do Xistral e o PN das Fragas do Eume. Todo un achado. Despois do tradicional café en ruta e a xuntanza na área recreativa do Eume, partimos a pé pola beira do mesmo río ata chegar ao encoro da Ribeira, alí onde o sendeiro se fai vizoso e natural, cheo de regatos (rego dos Porcos, do Inferno, do Malvís...) e vereas dignas do mellor sendeirista que se estenden pola denominada Ribeira Vella. Así, sempre coa auga á dereita, afastándonos das enormes chemineas e recortando a beira, fomos facendo camiño ao tempo que subía a temperatura polo Chao do Habanero e entre pasarelas e cordaxes que evitaban as toxeiras e nos metían no fragor do máis salvaxe. O xantar, con chanzas e bota de viño, fixémo...