Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Chantada

RUTA DOS VIÑEDOS DE BELESAR, NA RIBEIRA SACRA

Imaxe
 SÁBADO 15 DE OUTUBRO DE 2022 Powered by  Wikiloc   O Miño, cara a Belesar. Foto de Berta GS (+fotos) As poucas casiñas de Belesar emerxen do lenzo verde da natureza como atraídas pola auga que corre aos seus pés. Casas de cachotería de granito e lousa que buscan o constante coloquio do Miño. A forte pendente que se abre detrás da aldea levaranos polas beiras para admirar unha das mellores paisaxes da Ribeira Sacra. En Belesar non hai que dicir que hai unha tranquilidade case tan profunda como o propio Miño. Atrás quedaron aqueles primeiros anos do século XX, cando a vila foi arrasada polo encoro do mesmo nome. Hoxe son moitos os que veñen aquí de fin de semana, de turismo rural, sobre todo coa chegada do bo tempo e da primavera, ou cando florece o outono, para degustar os primeiros viños da zona. Belesar é famosa pola súa Ruta dos Cóbados de Belesar, unha antiga calzada romana que unía Astorga con Portugal durante os séculos I ao IV. O nome de cóbados provén da súa pronu...

RUTA SAN FIZ - PONTE DE PORTOTIDE (CHANTADA) NA RIBEIRA SACRA DO MIÑO

MÉRCORES, 4 DE XANEIRO DE 2017 Powered by  Wikiloc Ruta da Ribeira Sacra de Chantada entre San Fiz de Asma e a ponte de Portotide para facer na mañá do mércores 4 de xaneiro de 2017 Distancia: 11 km Dificultade: doada-media (moita baixadiña, escasa subidas). Sempre ao lado do río Miño. Se vai sol, collerémolo de mañá, pero tamén pode haber néboa e tardar en marchar. Percorrido: vai desde San Fiz (Igrexa de San Fiz de Asma e tumba do Piloto), pasa por Adegas Amoedo, chega a Adegas Vía Romana e Mesón do Veiga (na Hermida), baixa a Belesar, e logo imos pola beira do río ata o lugar de Pincelo e chegamos á ponte de Portotide Non é circular, polo que teremos que levar previamente os coches a Portotide. Dependerá, pois, dos que se anoten. Ribeira de Chantada e ponte de Belesar Pintoresca aldea de ribeira: Pincelo Adega Vía RomanaCastro de San Fiz, baixo unha mesta carballeira. Igrexa de San Fiz, onde está enterrado o último maquis, Xosé Castro Veiga, O Piloto.