Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2012

RUTA CARBOEIRO - FERVENZA DO TOXA - POBOADO MINEIRO DE FONTAO

Domingo 22 de decembro do 2012 Powered by  Wikiloc Ruta Carboeiro-Fervenza do Toxa-Minas do Fontao O domingo 22 de decembro do 2012, en mañá solleira e de fresco inicial moi propicio para a marcha, arrexuntámonos oito ofrecidos para cumprir cunha ruta circular matinal que curase o suposto “mono”. Partindo da fermosa paisaxe do mosteiro de Carboeiro, atravesamos o río Deza pola ponte romana e percorremos vellas e outonizas corredoiras entre o misterio da mera e o frescor da nova estación, para chegar axiña á área recreativa da Carixa, en Merza. Café ao canto nesta poboación e, deseguido, camiño aberto ata o quebrado, salvaxe e, así a todo, moi achegado sendeiro que se inicia na ponte de peóns onde conflúen os ríos Toxa e Deza e que nos conduciu ata a espectacular fervenza do Toxa. Enchoupados, non só polo fragor da auga, tamén polas cores máis vivas e os rumores mais naturais, desandamos os pasos ata Merza e, xa co sol de compañeiro, camiñamos ata o rehabilitado poboado mineiro de Fonta