RUTA CASTRO LABOREIRO - LAMAS DE MOURO (MELGAÇO - PORTUGAL)

SÁBADO 25 DE XANEIRO DE 2025

Powered by Wikiloc

Volvemos a Castro Laboreiro por cuarta vez para realizar unha ruta inédita no noso club: Castro Laboreiro - Portelinha - Lamas de Mouro - Porto Ribeiro - Porta de Lamas de Mouro  e retorno a Castro Laboreiro pola serra.

DATO: Castro Laboreiro está a 103 Km de Lalín, dos cales 70 son de autovía.

PUNTOS DE INTERESE: Castro Laboreiro (aldeia e castelo). 

Aldeias de Melgaço (Portelinha, Lamas de Mouro, Porto Ribeiro, Ponte medieval de Lamas de Mouro, Área recreativa da Porta de Lamas de Mouro, a serra da Peneda.

Ao finalizar esta ruta, trasladariámonos en coche ata Castro Laboreiro para facer a visita opcional ao castelo (a pé 1,6 Km).

Se quedase tempo e así o decidísemos, poderiamos visitar a aldea de Pontes (a 5,9 Km de Castro Laboreiro), dedicada a turismo rural e con fermosos recantos, fervenzas, etnografía, etc. 


DATOS DA RUTA: 
  • Percorrido: 15,6 Km
  • Pendentes medias: +7% e -6,5 %
  • Desnivel acumulado: +580 e -580
  • Intentaremos empezar a ruta en Lamas de Mouro (depende de se encontramos un aparcamento axeitado). O motivo para empezala neste punto é porque así evitamos a maior subida para despois de xantar e tamén para que nos cadre o xantar en Castro Laboreiro.
SAÍDA DE LALÍN
  • Lugar: Estación de autobuses 
  • Hora: 8:00

PUNTO DE ENCONTRO: Pastelaria A TRANSMONTANA (na praza do Concello de Melgaço) Hora: 9:15

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTAS NA FONSAGRADA

RUTA CIRCULAR BAÑOS DE MOLGAS - SANTA EUFEMIA DE AMBÍA

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DE CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM