Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2013

RUTA POLA SERRA DE SAN MAMEDE

Imaxe
Powered by  Wikiloc Ruta de San Mamede-A Edreira O sábado 2 de marzo levamos a cabo unha esixente e espectacular andaina de sendeirismo de altura polo Macizo Central Ourensán, entre as comarcas das terras de Trives (Chandrexa de Queixa) e de Caldelas (Montederramo). Ante as perspectivas de dureza (alta montaña, longa distancia, neve...) só se anotaron 6 participantes. Día, por radiante e fresco, ideal. Despois dun reconfortante café con bica en Montederramo, a ruta iniciouse con temperaturas moi baixas na cola do encoro de Chandrexa de Queixa, na Ponte de Santa Cruz. Debido ás desfeitas na pista, tivemos que deixar os coches antes do previsto. E aí comezou a aventura, pois paramos un “transporte de gando” e, metidos no seu axitado remolque, superamos ese primeiro tramo de fochancas xeadas ata chegar á Ferraría (vestixio dunha antiga e artesanal industria metalúrxica, hoxe acubillo de gando). A seguir, sen escapatoria nin perda, xa a pé, subida en zigzag das pronunciadas ladeiras ata