Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2016

RUTA DE MONTAÑA EN PRADOALBAR E A EDRADA

Imaxe
SÁBADO 20 DE FEBREIRO DE 2016 Powered by  Wikiloc RUTA EDRADA → WIKILOC Ruta de montaña, no concello de Vilariño de Conso, na serra de Queixa-Macizo de Cabeza de Manzaneda. Parécenos un lugar moi interesante e atractivo. Nel aproveitamos dúas rutas xa deseñadas por outros predecesores. Fariamos pola mañá a ruta que desde Pradoalbar ascende ao castelo de Cerveira (9,78 Kms.) a carón do río Cerveira. É unha ruta lineal en case todo o seu percorrido, cunha pendente media do 10,5% de subida e -10,5 % de baixada. Dificultade media-alta, agás 1,5 Kms do promontorio onde están as ruínas do castelo de Cerveira, onde acada a cualificación de dificultade alta (este tramo sería prescindible para aqueles que desexen menos dificultade). Pradoalbar é xunto con Chaguazoso unha das aldeas situadas a maior altitude de todo o Macizo Central. Retorno a Pradoalbar e desprazamento nos coches ata a aldea de A Edrada. Desde alí faremos unha ruta circular de 7,45 Kms. pola tarde. Cunha pendente media  de 13,2