Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Forcarei

RUTA PONTES DO LÉREZ (FORCAREI)

Imaxe
SÁBADO 12 DE XULLO DE 2014 Powered by  Wikiloc Ruta lineal de 18,9 Kms de percorrido ao longo do curso alto do río Lérez, percorrendo ,en descenso suave e constante, o bosque de ribeira que acompaña a este río de límpidas augas. Puntos de interese: Pontellas, pontes, mosteiro de Aciveiro, muíños, campamento de Pontemaril, bosques de ribeira... Existe a opción de facer só o percorrido da mañá, cun total de 11 Km. O xantar foi na área recreativa do Cotelo (Forcarei).

CHEGAR A GROBAS ou COMO POÑERLLE O RAMO ao 2013

Imaxe
DECEMBRO 2013 A toponimia non é unha ciencia exacta, pois trata de explicar a orixe e significado dos nomes de lugar. A derradeira ruta do 2013 do Érbedo explicou por si soa por que este treito de camiño e o regueiro entre O Ameixedo e Grobas lle chaman o "Malpaso". Cadaquén puido comprobar por si mesmo a esixencia e risco deste descenso. Sufrimos e gozamos desta paraxe de excelencia que beirea o río Grobas, tributario do Deza. Outra xornada memorable para o  extenso arquivo dos camiñantes do Érbedo.