Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2012

RUTA DA SERRA DA MARTIÑÁ

Powered by  Wikiloc En domingo e sen outro anceio que gozar dos tesouros máis achegados, collemos coche e, vía Rodeiro, serpeamos pola estrada que acariña as abas do Faro para presentarnos no mosteiro cisterciense de Santa María de Oseira, na parroquia do mesmo nome que pertence ao concello de San Cristovo de Cea. O nome xa fala de pan, aínda que esa vez foi a bica no bar Escudo quen acompañou o café primeiro. Ambiente deportivo xusto ao iniciar a ruta polas beiras do regato, entre o trollo de antigas corredoiras estragadas por falta de uso e o sol asomando pola orballada fronde. Deixando de lado a aldea de Covelo, abandonada, procuramos estreitas vereas asaltadas pola ramaxe para, entre soutos e carballeiras, ascender ata a aldea de Trabazos. A seguir, sempre en costa, enfiamos cara á Serra da Martiñá, onde a vexetación xa se encolle con fentos, codesos, xestas e toxeiras, e as pedras de antolladizas formas marcan a rexa paisaxe. No cume de Pena Veidosa (ou Ventosa) e tirando a vista