Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2012

RUTA PENA CORNEIRA

Powered by  Wikiloc O sábado 17 de marzo do 2012, nun día un tanto desapracíbel, executamos unha interesantísima proposta de Xosé Manuel polas terras do Ribeiro, culminada coa subida a Pena Corneira. A ruta, de máis de 25 km, levounos polos concellos de Leiro e Boborás e combinou historia, arte, deporte e moita natureza. E todo aquí ao lado ou, coma quen di, na porta da casa. Logo da xuntanza no mosteiro de San Clodio, reconvertido en hotel-monumento, onde albiscamos as primeiras mostras do bo facer dos canteiros do Avia, subimos en coche a Lebosende para iniciar a camiñada. As pintas da mañá xa avisaban de que non ía ser doado convivir co ceo, así que, entre choviscas e corredorias orballadas, abeirados polo andazo das acacias que van implacabelmente conquistando as ribeiras dos montes e sepultando as aldeas abandonadas, achegámonos ata Pazos de Arenteiro, coa súa rexa pedra nobiliaria ornada de brasón, coa súa magnífica igrexa, co seu pasado esplendoroso e o seu presente recuperador