Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2015

RUTA POLO PATRIMONIO DO CONCELLO DE TOQUES (A CORUÑA)

Imaxe
Sábado 4 abril 2015 Powered by  Wikiloc   Powered by  Wikiloc Convocamos unha nova xeira de marcha de Érbedo polo patrimonio natural, arqueolóxico, monumental e histórico do concello de Toques (A Coruña). Puntos de interese: Aula da Natureza de Toques, castro de A Graña (escavado parcialmente), fervenza de Brañas , dolmen Fornos dos Mouros, a Pena da Moura (megalitos do Bocelo) , mosteiro de San Antolín... Percorrido: 20,6 Kms  Dificultade: media Percorrido 14,8 Kms. Dificultade: baixa Tipo de camiños: Predomina a pista forestal, corredoiras, carreiros e algo de asfalto. Na tardiña visitaremos a ponte e a aldea de Furelos.

RUTA PONTE DOS MEDOS - FREIXA DA CHAMOSA

Imaxe
DOMINGO 8 DE MARZO 2015. Powered by  Wikiloc Convocamos aos camiñantes do Érbedo para unha ruta de proximidade pola serra do Candán - Testeiro. Iremos polo curso alto do Deza e o Rego do Porto. Pasaremos pola casa do Coco e achégarémonos a unhas fermosas fervenzas no río Porto, a Freixa da Chamosa , preto da aldea de A Graña (Forcarei). Un percorrido de 14,8 Kms para unha mañá soleada de domingo preprimaveral. A ruta transcorre nun 80% por camiños de montaña, un 19% camiños rurais e 200 metros semivirxes para explorar.