Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2013

RUTA POLAS FRAGAS DA RIBEIRA E LOSTEGAL

Imaxe
Sábado 25 de maio do 2013 Powered by  Wikiloc O sábado 25 de maio do 2013 , nunha nova xuntanza cos camaradas da costa, atrevémonos cunha ruta preparada por Xosé M e nunha zona onde o Érbedo aínda non puxera o pé: as Pontes. Tratábase de patear as terras situadas a cabalo entre os LIC da serra do Xistral e o PN das Fragas do Eume. Todo un achado. Despois do tradicional café en ruta e a xuntanza na área recreativa do Eume, partimos a pé pola beira do mesmo río ata chegar ao encoro da Ribeira, alí onde o sendeiro se fai vizoso e natural, cheo de regatos (rego dos Porcos, do Inferno, do Malvís...) e vereas dignas do mellor sendeirista que se estenden pola denominada Ribeira Vella. Así, sempre coa auga á dereita, afastándonos das enormes chemineas e recortando a beira, fomos facendo camiño ao tempo que subía a temperatura polo Chao do Habanero e entre pasarelas e cordaxes que evitaban as toxeiras e nos metían no fragor do máis salvaxe. O xantar, con chanzas e bota de viño, fixémolo e