Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

RUTA AO COUTO MIXTO

Imaxe
Sábado, 12 de febreiro de 2022 Powered by  Wikiloc   Esta ruta de 20 Kms ten dificultade media-baixa, cunha pendente media non superior ao 4%. Iso si, camiñaremos a unha altitude media próxima aos 900 m sobre o nivel do mar. Se toca frío, aquí soe habelo. Pero camiñando, logo un quece.   Foto de Berta GS (+ fotos) O máis importante do Couto Mixto queda recollido no seguinte vídeo:

RUTA POR BEARIZ - MURADÁS- ALVITE - ALÉN - CORREA - DOADE E A BOUZA

Imaxe
SÁBADO 15 DE XANEIRO DE 2022 Powered by  Wikiloc A ruta: 18 kms Dificultade media.  Pendente media positiva: 6,2% Pendente media negativa: -6,4% Foto de Berta GS (+ fotos) Cremos que Beariz ben vale unha visita. Ademais dos seus atractivos naturais, Beariz suma un patrimonio arquitectónico popular certamente reseñable, non en van este concello forma parte da Terra de Montes, que se singularizou polas habilidades e obras dos seus moitos canteiros. O mestre Cerviño, quizais sexa o máis recoñecido. Del é o cruceiro que temos na foto da esquerda. Beariz é un concello que sufriu un fortísimo despoboamento desde os anos 40. Pedeu dous terzos da súa poboación. Na actualidade, segundo o censo de xaneiro de 2021, conta con 971 habitantes (densidade do 17,34 htes/km2,  cifra que a Unesco considera próxima a un deserto poboacional). A emigración dirixiuse tradicionalmente a México e alí moitos fixeron fortuna, xunto aos outros galegos do concello veciño de Avión. Expoñente desas fortunas son as m