Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2013

2 RUTAS na MONTAÑA OURENSÁ: Peña Trevinca e as 4 Lagoas

Imaxe
Sábado, 30 de novembro de 2013 Domingo, 1 de decembro de 2013 2 RUTAS nas que gozamos da ALTA MONTAÑA GALEGA  (serras: Eixe e Calva) Sábado,  30 novembro: Ruta das 4 Lagoas  (17 km, en principio de dificultade media,  en   Wikiloc )  para ver as xeadas  lagoas de Ocelo, Carrizais, Laceira  e da Serpe , encoradas polas morreras glaciares do cuaternario, entre neve e friaxe. Sempre pola  montaña ( Serra Calva ) e con algún que outro problemiña físico final que nos advertiu de que á montaña hai que ir sempre preparados.    Vídeo ilustrativo da ruta do domingo 1 (Pena Trevinca) en  Google Earth Domingo, 1 de decembro:   Ruta de Pena Trevinca  (27 km, dificultade alta,  en Wikiloc ),cumio da Galiza (2.127 m): pasamos polas minas alemás de volframio de  Vilanova, ascendemos polo incríbel val do río Meladas, superamos o  pico Maluro,  camiñamos polo Lombo Roncín entre refachos de vento frío e cun sendeiro nevado e perigoso, avanzamos polo cordal da serra vendo

FRAGA DE CATASÓS - VAL DO SEIXAS - LALÍN

Imaxe
Sábado, 16 de novembro Powered by  Wikiloc Desta volta a proposta sendeirista de Xosé Manuel levounos ás orixes do Érbedo,  no corazón do Deza, para coñecer algúns recunchos da comarca situados a cabalo dos concellos de Lalín e Dozón. A ruta, con fresco matinal e bo ambiente, partiu da Fraga de Catasós , tamén coñecida como Carballeira de Quiroga, cuxa contorna presenta unhas características botánicas de grande importancia, singularidade e beleza, tendo en conta que na súa maior parte constitúe un importante bosque mixto de carballo e castiñeiro. Logo deste apracíbel inicio, a ruta  cruzou o principal afluente do Deza,  o Asneiro , e, tras pasar o pozo Negro e subir a Puxallos, percorremos un anaquiño da  Vía da Prata . Por  camiños de vello e corredoiras enfiamos cara o val do río (ou rego) Seixas , parte del xa no veciño concello de Dozón , onde fixemos o  xantar (cruceiro da igrexa de Sanguiñedo ) . Un agradábel paseo a carón deste río, n unha das paraxes máis fermosas da comarca de

RUTA POLO SOBREIRAL DO ARNEGO (SANTANDRÉ - TOIRIZ - PONTE BALSIÑA - A VULTUREIRA)

Imaxe
Domingo 10 de novembro de 2013 Powered by  Wikiloc Trátase dun percorrido polas ribeiras do Arnego, na zona sur do Sobreiral. Partiremos do lugar de Santandré (Carmoega), onde poderemos ver a aldea e a capela de Santa Lucía. Despois ascenderemos o Coto de Santandré ata Pena Grande (un excelente mirador natural sobre a engroba do Arnego e dos bosques de sobreiras). Aquí o camiño descende ata a parroquia de Toiriz, polas aldeas de Barrio e Foxacos. Buscaremos o paso do río pola ponte Balsiña (na foto da esquerda) e miraremos os muíños de Navaza de prolífica e curiosa historia. Voltaremos ao concello de Agolada pola parroquia de Brántega e ascenderemos ao coto da Vultureira (topónimo que alude a presenza de voitres no pasado- vultus  latino-). Polo lugar da Pontevella e o Porto acadaremos a meta, sempre co Arnego como inseparable compañeiro. Un percorrido de 12 Km por esta zona protexida na Rede Natura 2000, cualificación LIC e distinción ZEPA.