Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta A Ulloa

RUTA DO NACEMENTO DO ULLA. ANTAS DE ULLA

Imaxe
SÁBADO 20 DE XANEIRO DE 2024 Powered by  Wikiloc   Convocamos para unha fermosa ruta nas terras de Antas de Ulla para visitar principalmente o nacemento do río Ulla , no lugar onde inicia un fértil percorrido de 136 km polo centro de Galicia.  As aldeas de Amoexa, Peibás, Cibreiro, Casilmoure e Olveda forman parte do percorrido. As carballeiras e a abundancia de auga destacan na paisaxe. Muíños, cruceiros, dúas igrexas e algúns hórreos singulares están alí para alegrar as miradas. Foto de Berta GS (+ fotos) Muíños preto de Peibás DATOS DA RUTA: Percorrido: 13,3 Km Pendentes: +5,4%  e - 6,4%   Desnivel acumulado: +464 e -464 Dificultade: Fácil Camiño veciñal Despois da ruta temos encargado un xantar ás 15:00 h no restaurante Val de Antas de Ulla. Na sobremesa teremos a asemblea anual do club. Punto de encontro:  restaurante Val de Antas de Ulla .  9:00 h    Na Chousa da Poteira agroma o Ulla. Fonte do Ulla

RUTA NOCTURNA AMARANTE - MONTE FARELO

Imaxe
VENRES 30 DE AGOSTO DE 2019 VER RUTA EN WIKILOC Lansbricae . Castelo de Amarante . CC BY-SA 2.0 , via Wikimedia Commons Puntos de interese: Fortaleza de Castro de Amarante Igrexa de San Martiño A Torrevella e a Torrenova   O cumio do Farelo (con amplas vistas panorámicas). Aldea abandonada de San Tomé Aldea de Bellós Meca da arte rupestre galega Petroglifos de Bellós Satna . Petróglifos de San Fiz . CC BY-SA 4.0 , via Wikimedia Commons

RUTA TORRENTES RÍO ULLA E PAMBRE

Powered by  Wikiloc     O sábado 29 de setembro do 2012  congregámonos unha requitropa de trinta e tantos (ao Érbedo engadíuselle esta vez un grupo de amigos doutros lares) para gozar doutra achega ruteira de Xosé Manuel García á beira dos ríos Ulla e o seu afluente, o Pambre, que fenden a zona central dos concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla e Agolada. Entre charleta animada e a bo paso, fixemos camiño de mañá á beira do río ata chegar ao cafetiño no balneario Río Pambre, preto da aldea de Sambreixo, para   proseguir coa vista do pazo  de Vilamaior  e das edificacións fidalgas da comarca da Ulloa. Logo, visita guiada ao impresionante (e deprimente, polo estado do noso patrimonio) castelo de Pambre, con recendos históricos e literarios. Xantar ás súas portas e camiño de sesta entre aldeas decrépitas e montes abertos para dar co esquecido Balneario de Frádegas e o muíño do lado (novas mostras de abandono). Deixamos para o remate as espectaculares To...