Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Courel

RUTA CIRCULAR NO COUREL ENTRE FERRAMULÍN E VISUÑA

Imaxe
SÁBADO 16 DE MAIO DE 2025 Powered by  Wikiloc Xa adiantamos en WhatsApp algunhas imaxes dos lugares que imos percorrer. Trátase dunha zona do Courel, tan recóndita como fermosa pola excelencia das súas paisaxes, pola orografía abrupta e xigantesca e pola vexetación diversa. O interese tamén se debe centrar nas distintas aldeas que percorreremos para entender a adaptación dos seus habitantes a un medio difícil e afastado. Estaremos na Galicia periférica e adentrarémonos en dous tramos da ruta no concello leonés de Oencia. Previamente faremos unha visita á fervenza de Vieiros, unha das máis visitadas do Courel.  DATOS DA RUTA: Percorrido: 15,2 Km Pendentes medias: +10,7% e -9,8% Desnivel acumulado: 908 m SAÍDA DE LALÍN: Estación de autobuses, 7:30 h PUNTO DE ENCONTRO e BAR PARA A REPOSTAXE POSTERIOR Á RUTA  

SUBIDA AO PICO CAPELOSO DESDE VEIGA DE BRAÑAS

Imaxe
 SÁBADO, 27 DE DECEMBRO DE 2025 Powered by  Wikiloc

RUTA NO COUREL: SOLDÓN - O MAZO - DEVESA DO CERVO - SERRA DOS CABALOS

Imaxe
  SÁBADO 19 DE OUTUBRO DE 2024 Powered by  Wikiloc    Máis información da ruta:   Soldón da Seara   Devesa do Cervo (para ver as fotos, ir a pestana que di Más Información y Reservas ).   A Seara (Vídeo) PUNTOS DE INTERESE: Ribeiras dos ríos Soldón e Montouto Ruínas da ferrería do Mazo. Arquitectura desta zona de montaña nas aldeas de Soldón, A Seara e o Mazo. Vista do Pico Montouto e amplas panorámicas sobre a Serra dos Cabalos A fervenza da Devesa do Cervo... DATOS DA RUTA:  Percorrido: 19 Kms Pendentes medias: +8,4% e -9,6% Desnivel acumulado: +958 m e -958 m SAÍDA DE LALÍN Lugar: Estación de autobuses Hora: 7:30   PUNTO DE ENCONTRO: Adega de María (Quiroga). 9:00 h

RUTA DO CAMIÑO DO FERRADAL e VILARMEL

Imaxe
SÁBADO 12 DE NOVEMBRO DE 2022 Powered by  Wikiloc Nova convocatoria de ruta para disfrutar do outono no Courel. Nesta ocasión propoñemos a zona Suroccidental do Courel, no concello de Quiroga, percorrendo as ribeiras do río Soldón polo antigo Camiño do Ferradal, un camiño que serviu na explotación mineira da zona, primeiro para extraer ouro na época romana e posteriormente para o transporte do ferro e do mineral do ferro.  ELEMENTOS DE INTERESE: As paisaxes de ribeira e a orografía da zona. Soutos Pontes e pontellas Muíños Ferrarías de Rugando e Gorgueira Cabanas da Caleira Alvarizas Sequeiros Fervenzas Cova de Ricopete (antiga mina romana) Pena Furada (antigo túnel romano para a condución de auga ás zonas de mineiría). Vilarmel, aldea típica do Courel.           Percorrido: 17,5 Kms Pendente media en ascenso 10,7 - Pendente media en descenso -10,1 % Dificultade: media - media-alta Cabe a posibilidade de realizar só o tramo desde O Soldó...

RUTA DE OUTONO NO COUREL (TEIXEIRA - NOCEDA - VILELA)

Imaxe
SÁBADO 13 DE NOVEMBRO DE 2021 VER RUTA EN WIKILOC Powered by  Wikiloc Foto de Berta GS (+ fotos) Foto de Manuel Ferreiro (+ fotos) Percorrido: 18,9 Kms Dificultade: media-alta PUNTOS DE INTERESE: Paisaxes de montaña. Camiñaremos en todo momento por enriba dos 900 m e acadaremos os 1500 m no monte das Lampas. Aldeas de montaña ( Teixeira , Noceda , Vilela ). O gran afloramento calcáreo do Taro Branco, de moito interese xeolóxico. No Taro Branco, repousan dous gardas forestais A mina romana da Toca (practicada a ceo aberto polo método  ruina montium ). A cova de Ceza VÍDEOS: O OSO REGRESOU AO COUREL A MINA DA TOCA A COVA DE CEZA O TARO BRANCO (incluído neste vídeo como unha das xoias xeolóxicas e paisaxísticas de Galicia)

CONVOCATORIA DE RUTA NO CANÓN MEDIO DO RÍO LÓUZARA

Imaxe
SÁBADO 4 DE MAIO DE 2019 Powered by  Wikiloc         Convocamos nesta ocasión a unha excelente ruta no Courel, arredor do curso medio do río Lóuzara. Un paraíso natural desta nosa terra galega. A orografía e a natureza maniféstanse nesta zona con verdadeira exuberancia e diversidade. A carón do Lóuzara. Foto de Berta GS (+ fotos) A ruta é un marabilloso tobogán, que nos levará ás terras poéticas enxalzadas por Fiz Vergara Vilariño e Uxío Novoneyra, percorrendo as ladeiras e o val, as aldeas de Santalla, Gamiz (aldea abandonada), Cortes e Parada. Fervenzas, alvarizas, muíños, covas, frondosos soutos, esveltos lamigueiros e os perfís da montaña courelá, sempre tan abruptos e decote atraentes. E no medio, encaixado e sucesivos meandros, o río Lóuzara coas súas  augas de inmaculada transparencia.   E de remate, ceamos na Casa de Aira Padrón, na mesma parroquia de Lóuzara.   Aldea de Cortes Aldea de Parada Cova grande de Santalla   Na fi...

RUTA POLA DEVESA DA ROGUEIRA (O COUREL), NA PROCURA DA NEVE

Imaxe
SÁBADO 11 DE MARZO DE 2017 Powered by  Wikiloc   Formigueiros. Foto de Berta GS (+ fotos)

OUTONO NO COUREL: SECEDA - SOBREDO - VALDOMIR - LOUSADELA

Imaxe
SÁBADO 31 DE OUTUBRO DE 2015   Powered by  Wikiloc Seceda. Foto de M. Busto (+ fotos) No Courel reside a reserva botánica de Galicia. Ademais da súa orografía espectacular, os seus bosques caducifolios, a arquitectura das súas aldeas, os ríos que percorren os seus vales encaixados e ríspidos, a auga que baixa apurada das empinadas montañas descolgándose en sonoras pincheiras ... son atractivos suficientes para volver a este particular edén lucense. E máis nestas datas nas que o outono decora as paisaxes con aurilucentes cores. 21,3 Kms de percorrido ( 20 Kms. para quen queira prescindir do castro da Torre en Sobredo). Tamén existe a posibilidade de facer a ruta 4 quilómetros máis curta, rematando o itinerario ao chegar a Lousadela. Neste último caso obrigaría a esperar unha hora e pico nesta aldea para ser recollidos polos vehículos que despracemos. Dificultade: media-alta PUNTOS DE INTERESE: Antes de empezarmos a camiñar deterémonos para visitar a interesantísima igrexa de Sa...

O FERMOSO TRAMO DE RUTA ENTRE LOUSADELA E SECEDA

Imaxe
SÁBADO 31 DE OUTUBRO DE 2015 Powered by  Wikiloc A ruta é moi diversa en paisaxes, como o propio Courel, con grandes contrastes entre as montañas elevadas e escarpadas, con vexetación baixa de matogueiras e a feracidade dos vales, onde a presenza de cursos fluviais é unha constante. Os contrastes da vexetación repítense nas ladeiras sollías e nas aveseiras.   Nesta ruta circular Seceda - Sobredo - Valdomir - Lousadela - Seceda hai tramos ou puntos que destacan especialmente sobre o resto: a propia aldea de Seceda cunha arquitectura restaurada admirable, o castro da Torre en Sobredo, o souto de Sobredo, o curso do río Lóuzara, as decenas de alvarizas. Pero sobre todo, o treito entre Lousadela e Seceda, subindo parellos ao regato que baixa de Seceda. Seceda. Foto de M. Busto (+ fotos)  

RUTA AO FAIAL DE BUSMAIOR E DEVESA DE FONTEFORMOSA

Imaxe
SÁBADO 29 DE NOVEMBRO Powered by  Wikiloc Puntos de interese: O CEBREIRO : Santuario, hospedería, pallozas ( VÍDEO ) Devesa de FONTEFORMOSA e  FAIAL DE BUSMAIOR . Panorámicas do Courel .

RUTAS POLO VAL DO RÍO PEQUENO E POLO VAL DAS MOURAS (O COUREL)

  SÁBADO 14 DE XUÑO de 2014 Powered by  Wikiloc Powered by  Wikiloc   O  14 de xuño de 2014  é unha data para non esquecer. As paisaxes do curso do río Pequeno    (📺) e as fantasías naturais do Val das Mouras (1,2 Km) permanecen indelebles nas nosas retinas. O Courel amosóusenos, outra vez máis, maxestoso e sorprendente. Puntos de interese: Seoane Aldea de turismo rural de O Mazo . VÍDEO Impactantes paisaxes de montaña. Aldeas compactas de orixe medieval: O Mazo , Meiraos , Vilasibil , Miraz ,  Paderne , Pedrafita do Courel , Mercurín , Ferraría Nova ... Harmoniosa arquitectura de lousa e vangardismo A máis sorprendente xeoloxía de Galicia Fervenza da Poza da Grada Sequeiros Muíños Inxente riqueza botánica Calzadas e corredoiras ancestrais Soutos centenarios Devesas de natureza exuberante Muíños e cabanas Os labirintos kársticos do Val das Mouras. VÍDEO Castro de Brío Castro de Paderne. VÍDEO Abundante fauna que inclúe a presenza esporád...

RUTA POLO COUREL

Imaxe
Sábado 8 de decembro do 2012     Powered by  Wikiloc O sábado 8 de decembro do 2012, despois de dous aprazamentos polo mal tempo, o que reduciu o grupo á metade dos inicialmente previstos, aló marchamos 12 atrevidos cara a unha zona ignota do Courel escollida por Manolo Busto e que nos levaría polas beiras agrestes do Lor na ruta circular que se incia en Froxán, pasa por Vilar, Valdomir e Vilamor, e regresa á primeira aldea, declarada Ben de Interese Cultural e na que precisamente ese día, entre gaitas a aturuxos, se celebraba a Festa da Pisa da Castaña do Courel.   Non haberá necesidade de describir a riqueza que esta contorna posúe, amósano a beleza das fotos e ese saibo a natureza en estado puro da que nos impregnamos cantos por alí nos perdemos, porque a ruta inicial, denominada da Vitoreira e que nos levaría de Froxán a Vilar polo outro lado do río, tivo o seu aquel de aventura e confirmación de que non hai mellor recordo que unha boa perda polo lado salvaxe, p...