Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Viana

RUTA DE MONTAÑA EN PRADOALBAR E A EDRADA

Imaxe
SÁBADO 20 DE FEBREIRO DE 2016 Powered by  Wikiloc RUTA EDRADA → WIKILOC Ruta de montaña, no concello de Vilariño de Conso, na serra de Queixa-Macizo de Cabeza de Manzaneda. Parécenos un lugar moi interesante e atractivo. Nel aproveitamos dúas rutas xa deseñadas por outros predecesores. Fariamos pola mañá a ruta que desde Pradoalbar ascende ao castelo de Cerveira (9,78 Kms.) a carón do río Cerveira. É unha ruta lineal en case todo o seu percorrido, cunha pendente media do 10,5% de subida e -10,5 % de baixada. Dificultade media-alta, agás 1,5 Kms do promontorio onde están as ruínas do castelo de Cerveira, onde acada a cualificación de dificultade alta (este tramo sería prescindible para aqueles que desexen menos dificultade). Pradoalbar é xunto con Chaguazoso unha das aldeas situadas a maior altitude de todo o Macizo Central. Retorno a Pradoalbar e desprazamento nos coches ata a aldea de A Edrada. Desde alí faremos unha ruta circular de 7,45 Kms. pola tarde. Cunha pendente media ...

RUTA POLO PARQUE NATURAL DO INVERNADOIRO

Imaxe
Sábado, 22 de marzo de 2014 Lección de montaña … non existen asentamentos humanos dentro dos límites d’ O Invernadoiro .  Todo é natureza . Así reza na descrición que Turgalicia fai deste espazo. Non é de estrañar pois que, logo das experiencias vividas, para algúns de nós as terras do macizo central ourensá estean a converterse nunha sorte de Meca pois invariablemente ano tras ano sentimos, cal devotos, a necesidade de peregrinar cara os seus cumios. Así, desta vez, o 22 de marzo, sábado , encamiñámonos un chisquiño máis ao sur (SE) para penetrar no espazo natural do Invernadeiro, dominios do lobo, do xabarín, a garduña ou dos cervos. Do lobo ou cervos podemos dar fe algúns dos que por aquí andamos. Xa o ano pasado roldamos a carón dos seus límites administrativos cando fixemos a ruta pola serra de San Mamede. A área que imos patear desenvólvese integramente no concello de Vilariño de Conso, movéndonos en alt itudes entre 1.000-1.600 m. +INFO: O invernadeiro⎮Patrimonio natural No...