Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2023

PARADA DO SIL - MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA E MIRADORES

Imaxe
SÁBADO 21 DE OUTUBRO DE 2023 Powered by  Wikiloc Convocamos para esta excelente ruta na Ribeira Sacra de Ourense no concello de Parada do Sil. O mosteiro de Santa Cristina, o canón do Sil e os espectaculares miradores  sobre o canón son os principais atractivos. A eles súmanse as aldeas de Castro, Chamoso, Entrambos ríos e a vila de Parada do Sil. Para chegar a eles haberá que percorrer quilómetros de corredoiras e carreiros por fragas e cavorcos empinados. Canóns do Sil. Fotos de Berta GS (+ fotos) Mosteiro de Santa Cristina. Foto de M. Busto DATOS DA RUTA: Percorrido: 18,2 Km Pendente media en subida: +10,6 % Pendente media en Baixada: -9,4 % Desnivel postivo acumulado: 1052 m Desnivel negativo acumulado -1052 m