Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2016

RUTA DA MARRONDA - ALTO EO

SÁBADO, 2 DE XUÑO 2016 Powered by  Wikiloc No municipio de Baleira (Lugo) atópase o PRG-145, a Ruta da Marronda – Alto Eo, un percorrido que nos ofrece a oportunidade de coñecer un anaquiño da comarca da Fonsagrada. Afastada dos grandes núcleos de poboación e das vías de comunicación relevantes, ofrece unha paisaxe rica e case virxe nunha das zonas máis descoñecidas de Galicia. A Fraga da Marronda, de gran valor ecolóxico e cinexético, e o nacemento do río Eo son os protagonistas do camiño ( Turgalicia ).   Seguindo a suxestión do grupo Acivro , imos variar algo o percorrido oficial deste sendeiro, o que nos vai permitir visitar a fraga da Marronda. Deste xeito a distancia a percorrer ascende aos 25 km, cunha dificultade media-alta. O PRG-145 orixinal: Puntos de interese : San Paio, Cabreira, Río Eo, Fervenza da Acea de Serra, Fervenza do Pozo da Ferreira, Capela da Pastora, A Cortevella, Miradoiro do Muiño, Fraga da Marronda, Pena da Raia.   Ligazóns de interese: Lic de A Marronda Con

RUTA GUENDE - FOXO DO LOBO - FONTEFRÍA - AS GRALLEIRAS - SALGUEIRO - POZO DAS OLAS (SERRA DO XURÉS)

Imaxe
SÁBADO 4 de XUÑO de 2016 Powered by  Wikiloc       O sábado 4 de xuño de 2016 fomos ao Xurés-Gerês, reserva da biosfera, zona á que acudimos nunha cita anual irrenunciable. Tanto é o seu atractivo inabarcable! Iniciamos o percurso en Guende para avanzar cara o Foxo do Lobo, trampa ancestral para dar caza á alimaña temida. Desde o Foxo pronto se avistou o perfil impoñente do Fontefría. Dura ascensión e conquista dos horizontes desde o cumio. Desde alí, en subida máis calmosa agardábannos as cristas de As Gralleiras, xa na raia con Portugal,  desde onde avistamos Pitões das Júnias e a inmensidade montañeira de Montalegre. As formacións rochosas, esculpidas pacientemente polo teimudo cicel da erosión, espertaron en nós a lóxica admiración nas formas e na desproporcionada magnitude.  Continuamos camiño en descenso cara a  Salgueiro (aldea abandonada, na que a Xunta de Galicia emprendeu hai tempo unha restauración integral, aínda inacabada. Os edificios restaurados xa precisan unha segunda