Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2012

RUTA POLO COUREL

Imaxe
Sábado 8 de decembro do 2012     Powered by  Wikiloc O sábado 8 de decembro do 2012, despois de dous aprazamentos polo mal tempo, o que reduciu o grupo á metade dos inicialmente previstos, aló marchamos 12 atrevidos cara a unha zona ignota do Courel escollida por Manolo Busto e que nos levaría polas beiras agrestes do Lor na ruta circular que se incia en Froxán, pasa por Vilar, Valdomir e Vilamor, e regresa á primeira aldea, declarada Ben de Interese Cultural e na que precisamente ese día, entre gaitas a aturuxos, se celebraba a Festa da Pisa da Castaña do Courel.   Non haberá necesidade de describir a riqueza que esta contorna posúe, amósano a beleza das fotos e ese saibo a natureza en estado puro da que nos impregnamos cantos por alí nos perdemos, porque a ruta inicial, denominada da Vitoreira e que nos levaría de Froxán a Vilar polo outro lado do río, tivo o seu aquel de aventura e confirmación de que non hai mellor recordo que unha boa perda polo lado salvaxe, por moito que, ao ca