Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Triacastela

RUTA AO MONTE ORIBIO ( TRIACASTELA)

Imaxe
SÁBADO 1 DE MARZO DE 2025 VER RUTA EN WIKILOC O 2 de xuño do ano 2018, xa estivemos alí 7 camiñantes de Érbedo. Foi unha xornada fermosa, onde o monte Oribio (Iribio, tamén se di) xogou coa brétema case toda a mañá. As fotografías xa indican as excelencias da Devesa deste monte. Ademais de ser un magnífico mirador das serras dos Ancares e Courel e de todo o sur da provincia de Lugo.  DATOS DA RUTA: Percorrido: 15,5 Kms Pendentes medias: +12,3%  e -13,2 % Desnivel acumulado: + 1085 m  e -1085 Saída de Lalín: 8:00 h Lugar: Estación de autobuses Punto de encontro: Triacastela (Bar   ......) Hora: 9:30

RUTA TRIACASTELA - MONTE ORIBIO

Imaxe
SÁBADO 2 - XUÑO - 2018 VER RUTA EN WIKILOC Arriba, en cor laranxa, a ruta realizada por varios grupos de sendeirismo para percorrer a serra do Oribio. Nós propoñemos como alternativa de maior interese a que reseñamos en verde na imaxe seguinte, que presenta como vantaxes o menor traxecto por asfalto e poder adentrarse na fraga avesía que  hai na ladeira dos cumios. Voltamos a convocar esta estupenda ruta circular que parte de Triacastela, ascende ao monte Oribio (1428 m.) e retorna desde o cumio seguindo o cordal e logo baixa polas aldeas de Queixadoiro e As Pasantes, onde encontra a Vía Xacobea, xa moi preto de Triacastela. Puntos de interese: As magníficas panorámicas das serras e dos sur de Lugo. A capela de San Mamede As aldeas de O Queixadoiro, As Pasantes, etc. A ruta Xacobea A vila de Triacastela As paisaxes   Percorrido: 20,6 Kms. Dificultade: media-alta Ruta Queixadoiro - Pasantes FOTOS VIA AURIA

RUTA TRIACASTELA-CALVOR-SAMOS

Imaxe
VENRES 25 de MARZO de 2016 Xornada xacobea no Érbedo Powered by  Wikiloc     Andaremos un anaco do camiño de Santiago, inédito para varios érbedos. Trátase do tramo que discorre de Triacastela cara a Sarria pola variante de San Xil. Iniciaremos pois a andaina en Triacastela seguindo a senda xacobea pola súa variante setentrional ata pasado Calvor, retornando desde a aldea d’Aguiada para dirixirnos a Samos pola outra variante do Camiño Francés (con algún engadido para evitar o asfalto na medida do posíbel). Foto de M.Busto (+ fotos) Puntos de interese: Triacastela, histórico enclave xacobeo (igrexa, antigo hospital...) Ruta Xacobea Aldeas de A Balsa, San Xil, Montán, Losada, Calvor (igrexas románicas) Sivil, Gontán Pascais (igrexa románica e castro) Samos (mosteiro e arredores).