Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2023

RUTAS NOS ANCARES E EN BECERREÁ

Imaxe
SÁBADO 5 DE AGOSTO DE 2023 VER RUTA EN WIKILOC RUTA DOS CUMIOS DE ANCARES   Datos da ruta: Percorrido:12,7 km Pendente media en subida: 16,9% Pendente media en baixada: -16,1% Desnivel acumulado en subida: 818 m Desnivel acumulado en baixada: -1354 m É xa unha longa tradición en Érbedo Andainas acudir aos Ancares no verán, desde que no ano 2009 nos levaran os irmáns Pepe e Manuel, de Becerreá, a aqueles míticos e fermosos cumios. Nesta ocasión partiremos do Porto de Ancares e repetiremos a ascensión aos cumios do Cuíña (o teito dos Ancares), o Penalonga e quizais o Mustallar. Desde alí retornaremos en permanente descenso a Piornedo.  Ao chegar a Piornedo, os condutores terán que ir buscar os coches que quedaran no Porto de Ancares. E tamén aproveitaremos para visitar a aldea prerromana e a palloza museo. Seguidamente retornaremos para ir cear á Tumbiadoira, previo paso por Navia de Suarna. Se houbese tempo visitariamos a Pobra de Navia de Suarna co seu castelo, a ponte medieval