Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2020

Ruta polo corazón da RIBEIRA SACRA: A Cubela e Val de Tronceda

Imaxe
SÁBADO 27 DE XUÑO DE 2020 Ruta 1 Powered by  Wikiloc Ruta 2 Powered by  Wikiloc Dificultade: media (mañá), media alta (mañá e tarde) 24 km (15 pola mañá, 9 pola tarde). Iniciaremos a ruta en Torbeo, terra lta e antiga capital do concello de Ribas de Sil, Lugo, cunha igrexa románica do século XII (Santa María), un pasado moi ligado aos guerrilleiros resistentes á Ditadura franquista e de onde era orixinaria a sonada Meiga de Torbeo (Filomena Arias). Baixaremos cara á Cubela (preciosa aldea recuperada, con escasos habitantes) por unha senda abrupta e coa Pena Furada para que pasasen os carros de vacas como elemento destacado, ademais da espectacular vista do meandro d´A Cubela. Aí visitaremos Cubeland, onde podemos tomar unhas infusións naturais. Seguiremos o sendeiro á beira do río Sil entre a Cubela e o Castro de Abaixo vendo do outro lado os viñedos de Trasmonte e Vilachá, onde se sitúan as sonadas adegas vellas. Na aldea de Castro de Abaixo empeza a subida, entre frondosos soutos