Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2022

RUTA DA FRAGA DO BARRAGÁN

Imaxe
SÁBADO 12 DE MARZO DE 2022 Powered by  Wikiloc   O río Barragán acompañando á fraga. Foto de Berta GS (+ fotos) Convocamos nesta ocasión aos camiñantes para percorrer os 17,3 Kms dunha preciosa ruta nos concellos de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, polas ribeiras do río Barragán. Unha ruta que é  frecuentada pola maioría dos clubs de sendeirismo de Galicia. A ruta, de dificultade media, está moi ben sinalizada e ademais dos atractivos paisaxísticos fluviais, une un rico repertorio de elementos etnográficos e de arquitectura popular.   Nas seguintes ligazóns tedes toda a información e fotografías que dan unha idea clara do que alí podemos encontrar: TURISMO.GAL QUEVERENGALICIA.COM GALICIAMAXICA.EU