Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2012

RUTA TORRENTES RÍO ULLA E PAMBRE

Powered by  Wikiloc     O sábado 29 de setembro do 2012  congregámonos unha requitropa de trinta e tantos (ao Érbedo engadíuselle esta vez un grupo de amigos doutros lares) para gozar doutra achega ruteira de Xosé Manuel García á beira dos ríos Ulla e o seu afluente, o Pambre, que fenden a zona central dos concellos de Palas de Rei, Antas de Ulla e Agolada. Entre charleta animada e a bo paso, fixemos camiño de mañá á beira do río ata chegar ao cafetiño no balneario Río Pambre, preto da aldea de Sambreixo, para   proseguir coa vista do pazo  de Vilamaior  e das edificacións fidalgas da comarca da Ulloa. Logo, visita guiada ao impresionante (e deprimente, polo estado do noso patrimonio) castelo de Pambre, con recendos históricos e literarios. Xantar ás súas portas e camiño de sesta entre aldeas decrépitas e montes abertos para dar co esquecido Balneario de Frádegas e o muíño do lado (novas mostras de abandono). Deixamos para o remate as espectaculares Torrentes de Mácara, un tramo do Ull