Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2013

RUTA AOS FOXOS DO LOBO DE COTOBADE E RÍO ALMOFREI

Imaxe
Sábado, 23 de abril de 2013 Powered by  Wikiloc       O sábado 27 de abril deste inestábel 2013 curamos “a teima” no concello de Cotobade gozando dunha deliciosa achega roteira de Manolo Busto. Ben durmidos e con ánimo, dada a proximidade, os 7 de Lalín xuntámonos en Cerdedo coa rapaza do Carballiño e no Bar Concha coa gavela de Catoira para, despois de arrimar os coches a Cuspedriños -e catar o seu campo da feira, os pendellos rehabilitados, a ermida do Carme, o curro da rapa das bestas, o cruceiro, o peto de ánimas e a fonte, todo á vez-, iniciar a ruta a pé. Na previsión: 23 quilómetros e cualificada como de dificultade media-baixa. De inicio, subida, para poder alzar a mirada e, ao lonxe, ver o mar na Ría de Pontevedra. Axiña acadamos o Foxo do Lobo das Brañeiras, perfectamente reconstruído e explicado, o que nos permitiu valorar esa especial relación entre o home e a besta, tan presente na nosa cultura. A seguir, non sen certa dificultade, localizamos o petróglifo das Pías e, entr