Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Os Ancares

RUTAS NOS ANCARES E EN BECERREÁ

Imaxe
SÁBADO 5 DE AGOSTO DE 2023   RUTA DOS CUMIOS DE ANCARES Powered by  Wikiloc   Datos da ruta: Percorrido:12,7 km Pendente media en subida: 16,9% Pendente media en baixada: -16,1% Desnivel acumulado en subida: 818 m Desnivel acumulado en baixada: -1354 m É xa unha longa tradición en Érbedo Andainas acudir aos Ancares no verán, desde que no ano 2009 nos levaran os irmáns Pepe e Manuel, de Becerreá, a aqueles míticos e fermosos cumios. Nesta ocasión partiremos do Porto de Ancares e repetiremos a ascensión aos cumios do Cuíña (o teito dos Ancares), o Penalonga e quizais o Mustallar. Desde alí retornaremos en permanente descenso a Piornedo.  Ao chegar a Piornedo, os condutores terán que ir buscar os coches que quedaran no Porto de Ancares. E tamén aproveitaremos para visitar a aldea prerromana e a palloza museo. Seguidamente retornaremos para ir cear á Tumbiadoira, previo paso por Navia de Suarna. Se houbese tempo visitariamos a Pobra de Navia de Suarna co seu cast...

RUTA AS NOGAIS - DONCOS - CASTELO (pola vía Künig) - TORRE DE DONCOS

Imaxe
SÁBADO 4 DE FEBREIRO DE 2023 Powered by  Wikiloc   Percorrido: 18,6 Kms Pendente positiva: 9,3 % Pendente negativa: -9,5 % Desnivel positivo acumulado +950 m Desnivel negativo acumulado -950 m   Vistas á Torre de Doncos. Foto de Berta GS Percorreremos camiños que desde antigo foron moi transitados, a vía xacobea seguida polo monxe alemán Hermann Künig, coincidente co camiño real executado no reinado de Carlos III. Para o control destes camiños de paso obrigado entre Galicia e Castela erixiuse o castelo de Doncos, do que aínda segue en pé a súa torre. A historia, as paisaxes da montaña ancaresa, as aldeas, a igrexa e o pazo de Doncos, a etnografía dos hórreos, dos muíños, dos pombais... todo isto forma parte deste itinerario que vos propoñemos. INFORMACIÓN SOBRE A VÍA KÜNIG TRAMO DA VÍA KÜNIG DO NOSO PERCORRIDO Torre do castelo de Doncos. Foto de Berta GS

RUTA DEVA - CAMPA DE BREGO - PENARRUBIA (ANCARES)

Imaxe
SÁBADO 7 DE DECEMBRO DE 2019 Powered by  Wikiloc Percorrido: 19,7 Kms.   Pendente media: + 10,9  e -11,3 Dificultade: media-alta

RUTA AO FAIAL DA PINTINIDOIRA E AO CASTELO DE DOIRAS

Imaxe
XOVES 6 DE DECEMBRO DE 2018 Powered by  Wikiloc Convocamos nesta ocasión a unha ruta polos concellos de Pedrafita do Cebreiro e Cervantes, con dous puntos de interese destacados: o faial da Pintinidoira e o castelo de Doiras. Todo o percorrido transcorre por unha zona que é antesala dos Ancares, a cuxa serra mira cara o leste.     Panorámica co castelo de Doiras no centro. G Martís Dude (+ fotos) Foto de Berta GS (+ fotos) FAIAL DA PINTINIDOIRA O faial no blog Vaigapeu CASTELO DE DOIRAS VÍDEO DO CASTELO DE DOIRAS

RUTA PIORNEDO - SUÁRBOL - PICO CUÍÑA - PENA LONGA - PIORNEDO (ANCARES 2017)

SÁBADO 5 AGOSTO 2017 Powered by  Wikiloc Pico Pena Longa Dificultade - Media-alta / Alta

RUTA CIRCULAR DO RIO DONSAL-PARQUE DOS ANCARES

Imaxe
DOMINGO 30 de Agosto de 2015 Powered by  Wikiloc Porque non convén esquecer os bos costumes, para despedir agosto tripando terróns e en camaradería, volvemos a vista cara aos nosos vellos coñecidos, os Ancares. Desta volta non subiremos aos cumios como facemos cada ano (realmente xa os acadamos todos), senón que nos perderemos pola morna feitura dos vales que trazan dous regatos (río Donsal e río Ser) e patearemos montes máis baixos pero non menos fermosos. Logo, iso si, acabaremos a ruta como viña sendo tradicional anos atrás cunha troitada/churrascada na Pobra, á beira do río Navia entre risos e contos. Non podes perdela!!! Ruta 1: Circular do río Donsal: 16 km E complemento voluntario: Ruta 2: Salvaxe do río Ser: 4 km Trátase dunha das rutas máis bonitas existentes no concello de Becerreá, dentro do futuro Parque Natural dos Ancares, na que se poden contemplar fermosas paisaxes e, sobre todo, excepcionais bosques autóctonos de grande valor ecolóxico (carballos rebolos, albares, ...

RUTA AO PENARRUBIA (ANCARES) DESDE VILLARIÑOS - BALBOA

Imaxe
SÁBADO 9 DE AGOSTO DE 2014 Powered by  Wikiloc Un ano máis, o mes de agosto é cita obrigada cos Ancares. Agora é o pico Penarrubia cos seus 1821 m. quen nos convoca para completar esa angueira de conquistar os oito 1.800 míticos nesta serra galaico-leonesa. Para chegar a este cumio escollemos a opción da vertente leonesa, no concello de Balboa. Iremos nos vehículos ata a aldea de Villariños (concello leonés de Balboa) e por pistas forestais e polo cordal chegaremos á cima. Iso son seis quilómetros. Voltaremos sobre os nosos pasos nun pequeno treito para descender por unha golada deica o refuxio de Pedracabalar, onde xantaremos (no Km.9). Para a tarde queda un treito de 11,6 Kms onde predomina o descenso. Pasaremos pola aldea de Castañoso para dirixirnos ao punto de inicio en Villariños, non sen antes coroar unha pronunciada pendente entre os densos soutos do Bierzo máis galego. Percorrido da ruta: 20,6 kms. Dificultade: alta OUTROS PUNTOS DE INTERESE ADEMAIS DA PROPIA RUTA...

RUTA ANCARES 2013. TRES BISPOS - CORNO MALDITO

Imaxe
Powered by  Wikiloc RUTA ANCARES 2013: Tres Bispos-Corno Maldito Xa avisaramos hai un ano, “ Se esta foi a cuarta, que ninguén o dubide: non hai quinta mala ”, e como a palabra é un documento, abriu agosto e no primeiro xoves (tradición manda)  subimos ao alto nas estremas de Galiza e León. De novo unha tropa de 32 e desta vez con principio e final no Albergue dos Ancares (Degrada). Experimentouna Pepe, Manuel estivo ao micro, e todos ao rebufo dun Busto definitivamente tecnoloxizado. En mañá solleira e algo ventada fomos camiño arriba e sen apuro. Pura paisaxe. Despois de pisar campas e mirar mundo, chegamos sen novidade ao Tres Bispos . Foto ao canto e, a seguir, dous grupos: os de risco cara ao Corno Maldito (pasando os Penedois e o Pico Charcas ) e os do acougo pola Golada da Trapa , xa en baixada. Xantar separados, todo moi bucólico. Fontes e sombras agarimosas no calor da sesta. Paso por Campa de Brego , Rego da Vara , Devesa da Cabanavella ... Os nomes recenden a N...

RUTA ANCARES 2012

Powered by  Wikiloc Abría agosto e, por tradición e devezo, alá nos xuntamos 32 sendeiristas no café da Fonte da Salud para subir aos Ancares. Tocaba o pico Mustallar, con Pepe e Manuel como organizadores tecnoloxizados e contando coa inestimábel colaboración de Manuel Busto na proposta circular e variada. Nunha mañá solleira e acompañados de can cicerone, trala visita á Palloza Museo para aqueles que non recuncaban, comezamos a andar en Piornedo. Así, ensumidos polo verdor dos prados e da natureza máis viva, con cabalos e vacas de mirada estrañada e apuro o xusto, transitamos por campas de augas puras e brañas perpetuas. E axiña, a grande subida. Como para non levala a modo. Ata chegarmos ao agarimoso xantar no mesmo cumio do Mustallar (1924 m.), entre Galiza e o noso País Leonés. Á vista os tesos cumes, a montaña pura, pracer único para os sentidos máis confusos. A segunda parte da ruta perdíase por baixadas ao xeito e paraxes de abas ignotas e fronde salvaxe, con carreiros entr...

RUTA ANCARES 2011